O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno. Aínda que foi canle para viaxes e exploracións desde a prehistoria, o seu estudo científico contemporáneo, a oceanografía, data da expedición Challenger británica, durante a década de 1870.. O mar está, por convención, dividido en cinco grandes seccións oceánicas, entre elas as catro instituídas pola OHI, que son o Atlántico, Pacífico, Índico e Ártico, máis o AntárticoOxford English Dictionary, 1st ed. "sea, n." Oxford University Press (Oxford), 1911., seccións menores de segunda orde, como o Mediterráneo, son coñecidos como mares, así mesmo o termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o mar Caspio, o mar de Aral e máis o mar Morto.
Debido o actual estado da deriva continental, o hemisferio norte configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (cunha proporción de 2:3), mentres que no hemisferio sur é predominantemente oceánico (1:4,7)Reddy, M.P.M. (2001) Descriptive Physical Oceanography. p. 112. A.A. Balkema, Leiden. ISBN 90-5410-706-5.. A salinidade en mar a fóra é, en xeral, de aproximadamente o 3,5% da masa, non obstante iso varía en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes ríos ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son cloruro de sodio. As correntes de augas profundas xorden a partir de diferenzas salinas e de temperatura; as correntes de superficie, á súa vez, están formadas polo rozamento das ondas producidas polos ventos e mareas. Os cambios periódicos na altura do nivel do mar orixínanse a partir da gravidade da Lúa e do Sol. As correntes mariñas son atribuída ás masas de terra de superficie e submarinas así como a rotación da Terra (Forza de Coriolis).
Antigos cambios nos niveis mariños provocaron a formación de plataformas continentais, áreas planas próximas á terra. Estas augas son ricas en nutrientes, e abundantes en vida, provendo aos humanos de materias esenciais para a súa alimentación -sobre todo peixes, pero tamén mariscos, mamíferos e macroalgas, por exemplo- que se recollen tanto en estado salvaxe como cultivados en viveiros. En áreas tropicais moi diversas os mares rodean grandes arrecifes de coral. A caza de baleas foi unha actividade moi común, pero a redución das cifras destes animais induciu a aparición de esforzos internacionais de conservación e unha consecuente moratoria á maior parte da caza comercial. A oceanografía estableceu que non toda a forma de vida marítima está restrinxida a augas de superficie iluminada polo Sol; mesmo a grandes profundidades e presión, os nutrientes que flúen de fontes hidrotermais manteñen o seu propio e único ecosistema. A vida pode que comezara alí neses lugares, xa que os microorganismos acuáticos están xeralmente acreditados como o grande evento de osixenación da atmosfera terrestre. Crese que tanto vexetais como animais terían evolucionado a partir dos mares.
O mar é un dos elementos esenciais do comercio, do transporte, da extracción mineral, de xeración de enerxía. Isto tamén fai que sexa esencial para as guerras, ademais, e é un factor determinante na exposición de grandes cidades e poboacións a terremotos e volcáns debido a fallas xeolóxicas próximas que poden producir grandes ondas e tsunamis; así como dos ciclóns e furacáns producidos nas zonas tropicais.
En 1978, a Organización Marítima Mundial proclamou o 17 de marzo como o Día Mundial do Mar, tamén denominado como Día Marítimo Mundial. O obxectivo da celebración é concienciar á sociedade sobre os problemas que afectan ós mares, para así buscar solucións conxunta ós mesmos .
Definición miniatura|esquerda|O océano interconectado e as súas diferentes divisións. A definición comparativa de mar como extensión de auga salgada menor que o océano establece unha clasificación das extensións de auga salgada na que os océanos serían as maiores extensións e virían logo, de diferentes tamaños, os mares. Os mares diferéncianse principalmente polo contacto co océano, podendo ser abertos ou pechados: se está rodeado case totalmente por terra, como o Mar Negro, fálase de mar continental, mentres que se está moi aberto, como o mar da China, fálase de mar litoral.
A distinción entre mar e océano obedece a diversas causas, sobre todo cando se fala de mares abertos en que adoita distinguirse atendendo á situación xeográfica, xeralmente situado entre dúas masas terrestres ou, ás veces, as menos, á posición da plataforma continental. Algúns exemplos disto son os seguintes: o mar do canal da Mancha comunica co océano Atlántico polo mar Céltico, pero distínguese pola súa posición entre a costa sur de Inglaterra e a costa norte de Francia. Outro caso moi claro é o mar Mediterráneo, que comunica co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar e distínguese claramente por estar situado entre Europa, Asia e África, xa que ten unhas condicións marítimas moi diferentes:temperaturas, fauna flora, e mareas de diferente amplitude. Outro mar aberto, neste caso o mar dos Argazos, (creado polas correntes que forman o xiro oceánico do Atlántico Norte) coa súa acumulación de algas ao longo da Florida, distínguese do océano Atlántico de forma totalmente arbitraria.miniatura|Vista de satélite do estreito de Xibraltar onde se pode ver a separación do mar Mediterráneo co océano Atlántico|esquerdaA Organización Hidrográfica Internacional (IHO-OHI) é a máxima autoridade mundial que define os mares e os seus límites. O documento actual de definición é a publicación especial S-23, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares), 3a edición, 1953. Unha nova edición do 1986 non foi aínda aprobada debido a discusións nominais (tales como a referida ao mar do Xapón).
Dita publicación non establece diferenzas entre océanos e mares, senón que se limita a enumerar todos os océanos e mares do mundo, asignándolles un número, chegando ata o 66, aínda que como utiliza ás veces números con letra, en realidade son 73. Son un total de 6 océanos (o Atlántico e o Pacífico están divididos cada un en dous, Norte e Sur) e 67 mares, deles dous divididos en dúas concas, a do mar Mediterráneo e a do mar da China.
Algúns mares teñen mares interiores (que se numeran cunha letra minúscula) como o Báltico (3), o Mediterráneo (8) e o Arquipélago da India Oriental (13). A publicación considera ademais de océanos e mares, golfos, baías, canles e estreitos, e moitas veces, non resulta moi claro cal é o criterio utilizado, xa que ás veces é o simple uso desde tempos pasados.
Clases de mares Existen tres categorías de mares: mares litorais (ou costeiros), mares continentais e mares pechados.
Mares litorais Os mares litorais ou costeiros poden ser considerados como golfos, moi grandes e amplamente abertos, dos océanos. Non están separados destes por ningún limiar submarino; no entanto distínguense deles por ser, de medía, menos profundos, pola maior amplitude das mareas e pola temperatura máis elevada das súas augas. Son mares litorais o mar de Beaufort no océano Ártico, o mar de Noruega no Atlántico ou o mar de Omán no Índico, entre outros.
Chámase mar epicontinental ao que se asenta sobre unha plataforma continental co seu leito submarino a unha profundidade media de 200 m ou menos; exemplos deste tipo son o mar do Norte, ou o mar Arxentino. Durante o punto máximo das glaciacións, os mares epicontinentais desaparecen, pasando a ser só chairas dos continentes arredores.
Mares continentais Os mares continentais, entre os cales destaca o mar Mediterráneo, deben o seu nome ao feito de acharse enteiramente situados dentro dos continentes, aínda que comunicados cos océanos por un estreito cuxa escasa profundidade crea un limiar que dificulta os intercambios; estes prodúcense, no entanto, en forma de correntes de compensación e de descarga. Entre os mares continentais e o océano existen diferenzas de temperaturas e de salinidade que chegan a ser considerables. As súas mareas son de tan escasa amplitude que pasan desapercibidas. Ademais do Mediterráneo, son mares continentais o mar Báltico, o mar Negro e o mar do Xapón. miniatura|Mar Caspio exemplo de mar pechado, Bakú Mares pechados
Os mares pechados ou interiores adoitan ocupar extensas depresións endorreicas. Corresponden a lagos moi grandes, de auga máis ou menos salgada, entre os cales destacan o mar Morto, o mar Caspio e o mar de Aral.
Ciencia física
miniatura|esquerda|alt=Jack Smidt. Fotografía AS17-148-22727 da NASA. 7 de dezembro de 1979.|The Blue Marble na súa representación orixinal (de punta-cabeza), mostrando a confluencia entre os océanos Índico e Atlántico no cabo da Boa Esperanza.