Albán é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá. Conta con 5838 habitantes e a súa temperatura media é de 16 °C.

A súa área territorial é de 57 km². Nela atópanse dous pisos térmicos: frío e temperado, cuxa altitude oscila entre os 1500 msnm e os 3100 msnm.

A zona urbana do concello abrangue unha extensión de 3,7 km², atópase a 2242 msnm, a 59 km de Bogotá por vía terrestre.

Límites Albán limita polo norte con Villeta e Sasaima, polo leste con Sasaima e Facatativá, polo sur con Anolaima e polo oeste con Guayabal de Síquima.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca