O paíño calcamarPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou calcamar (Pelagodroma marina) é unha pequena ave mariña da familia dos paíños austrais Oceanitidae. É o único membro do xénero monotípico Pelagodroma. Inicialmente estaba encadrado na familia dos hidrobátidos, pero, cando esta foi subdividida, pasou á familia dos oceanítidos.

miniatura|esquerda|Un paíño calcamar fotografado en Tasmania, Australia miniatura|esquerda|Un paíño calcamar fotografado no golfo de Hauraki, Nova Zelandis

Descrición

Ten unha lonxitude de 19 a 21 cm e unha envergadura de ás de 41 a 44 cm. Ten un dorso de marrón claro a gris, a rabadilla e as ás con plumas de voo negras. Pola parte inferior é branco, a diferenza doutros paíños atlánticos e ten unha face branca cunha máscara sobre os ollos negra como a dos Phalaropus. A súa plumaxe fai que sexa un dos paíños máis doados de identificar no mar.

Comportamento

É unha ave estritamente peláxica fóra da estación reprodutora, e isto, xunto co remotos que adoitan ser os seus sitios de nidificación, fai que sexa unha ave difícil de ver desde terra. Só cando hai fortes tormentas esta especie pode verse empurrada a chegar a algúns promontorios. Non obstante, existen uns poucos rexistros desta especie en Europa occidental, desde Francia ao Reino Unido e os Países Baixos e mesmo en Galicia é unha ave accidental. Ten un voo directo planeado e golpea coas patas na superficie da auga cando recolle nela alimento planctónico. É moi gregario, pero non segue os barcos. Igual que a maioría dos paíños, a súa capacidade de camiñar en terra está limitada a unha curta marcha torpe ata a súa toqueira.

Reprodución

miniatura|Ovo no Museo de Historia Natural de Roulouse (MHNT) Reprodúcese en illas remotas do sur do Atlántico, como Tristan da Cunha e tamén en Australia e Nova Zelandia. Hai colonias no Atlántico norte nas Illas Cabo Verde, illas Canarias e illas Salvaxes. Nidifica en colonias preto do mar en buratos entre as rochas e pon un só ovo branco. Pasa o resto do ano no mar. É estritamente nocturno nos seus sitios de reprodución para evitar a predación polas gaivotas e papamerdas, e incluso evita vir a terra nos días con moito luar.

Subespecies

Recoñécense seis subespecies, que se reproducen en colonias de illas das rexións subtropicais e subantárticas do Atlántico, Índico e suroeste do Pacífico. Son:

P. m. albiclunis , 1951 – illas Kermadec P. m. dulciae – illas da costa sur de Australia P. m. eadesi – Illas Cabo Verde P. m. hypoleuca – illas Salvaxes P. m. maoriana – illas arredor de Nova Zelandia, como as Chatham e illas Auckland P. m. marina – Tristan da Cunha e illa Gough (subespecie nominal)

Status e conservación Está moi estendido dentro da súa zona de distribución, e está incluído na Lista vermella da IUCN como "especie ameazada".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet

Categoría:Hidrobátidos Categoría:Oceanítidos Categoría:Animais descritos en 1790