A Phengaris alcon é unha especie de bolboreta da familia dos licénidos que habita en Europa e Asia setentrional. Pode ser vista durante o verán. Como outras especies de Lycaenidae, no seu estadio larval (eiruga) depende do apoio de certas formigas; como tal é designada como unha especie mirmecófila, un exemplo de coevolución.

Ciclo de vida esquerda|miniatura|250px|Ovos de Phengaris alcon en Gentiana pneumonanthe Esta bolboreta deposita os seus ovos na Gentiana pneumonanthe; (na rexión dos Alpes son ás veces atopados na Gentiana asclepiadea). As eirugas non comen outras plantas.Bellmann, Heiko (2003): Der neue Kosmos-Schmetterlingsführer.

As larvas abandonan a planta despois de medrar abondo (4º estadio) e agardan no chan até ser atopadas por determinadas formigas. As larvas emiten químicos superficiais (alomonas) moi semellantes ás das larvas das formigas, o que induce ás formigas a transportar as larvas da bolboreta ó interior dos seus formigueiros, colocándoas a carón das súas larvas; alí son alimentadas polas formigas obreiras mentres que a formigueira devora as larvas das formigas.Caterpillars con ants with smell, BBC News, 4 de xaneiro de 2008

Cando a larva da bolboreta está totalmente desenvolvida transfórmase en pupa. Cando o adulto emerxe ten que emprender a fuga do niño de formigas. Estas recoñecen a bolboreta como un intruso, pero cando tratan de atacala coas súas mandíbulas non conseguen agarrala pois a bolboreta posúe unha capa espesa de escamas que se soltan facilmente.Piper, Ross (2007), Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals, Greenwood Press.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas David Nash pages on Maculinea alcon

Categoría:Parasitos Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Bolboretas de Europa Categoría:Animais descritos en 1775