José Soto Picos, nado na Coruña en 1896 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1937,La Voz de Galicia, 4-4-1937, p. 4. foi un avogado, xuíz e escritor galego.
Traxectoria Avogado na Coruña. Foi nomeado xuíz municipal do distrito da Audiencia da Coruña en 1927.La Voz de Galicia, 28-12-1927, p. 5. Foi profesor do Centro de Enseñanza María Pita. Foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República polo Partido Republicano Conservador en abril de 1936.La Voz de Galicia, 26-4-1936, p. 2. Crónicas e relatos seus apareceron en El Noroeste, El Orzán, El Diario de Pontevedra, El Regional, El Norte de Galicia, El Progreso, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Gráfica, El Progreso de Sada, Mariñana e Radio Coruña.
Notas
Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos