Marie-Bernarde "Bernadette" Soubirous (beʁnadet subiʁus|), en occitano gascón Maria Bernada "Bernadeta" Sobirós, tamén coñecida como Bernadette de Lourdes, nada en Lourdes o 7 de xaneiro de 1844 e finada en Nevers o 16 de abril de 1879, foi unha pastora, mística e relixiosa francesa, canonizada pola Igrexa católica en 1933. A súa festividade celébrase o 16 de abril, aniversario da súa morte. O seu corpo permanece incorrupto en Nevers.

Unha serie de dezaoito aparicións marianas que Soubirous afirmou que tivo en 1858 en Lourdes, e os milagres que as sucederon, terminaron por conferirlle fama mundial xa no momento da súa morte.

Traxectoria Orixes familiares Bernadette naceu o 7 de xaneiro de 1844 e foron os seus pais François Sobirós (1807-1871) e Louise Castérot (1825-1866). Foi bautizada en San Paulo, a parroquia local, o 9 de xaneiro de 1844, primeiro aniversario do matrimonio relixioso dos seus pais. miniatura|Muíño de Boly. Lourdes, c. 1865-1870. Alí naceu Bernadette o 7 de xaneiro de 1844 miniatura|Casa paterna de Bernadette Soubirous en Lourdes, tamén chamada muíño Lacadé (fotografado en 1914), onde viviu a familia a partir de 1863. Nesta casa morreu a nai de Bernadette, Louise Castérot, o 8 de decembro de 1866. Con anterioridade, a familia vivira no muíño de Boly onde naceu Bernadette, e no cachot ou calabozo da rue des Petits Fossés, de onde saíu a buscar leña o día no cal sinalou que tivo a súa primeira visión, o 11 de febreiro de 1858. A fotografía atópase na Biblioteca Nacional de Francia. Bernadette era a máis vella de nove irmáns, dos cales só algúns sobreviviron aos primeiros anos de vida: Jean (nada e finada en 1845), Marie —tamén chamada Toinette— (1846-1892), Jean-Marie (1848–1851), Jean-Marie (1851-1919), Justin (1855–1865), Pierre (1859-1931), Jean (nada e finada en 1864) e Louise (falecida pouco despois do seu nacemento en 1866).

Pola condición de extrema pobreza dos seus pais, vivían nun vello soto nun muíño húmido e miserable. O seu pai, François Sobirós, tiña por emprego no momento das aparicións xuntar o lixo da aldea e do hospital; o seu oficio era muiñeiro, mais a escaseza de traballo facía imposible desempeñalo. A súa nai, Louise Castérot, era unha muller piadosa e preocupada polos seus fillos que ocasionalmente traballaba de costureira.

Infancia A familia de Bernadette vivía en pobreza extrema, particularmente dende que ela cumpriu dez anos. Primeiro, o seu pai Francisco perdeu un ollo nun accidente de traballo e quedou chosco. Logo, o panadeiro de Lourdes acusouno de roubar sacos de fariña, motivo polo cal pasou unha semana no cárcere. Toda a rexión padeceu anos de graves secas que provocaron perdas de colleitas. Ao non haber trigo suficiente, pecharon moitos muíños (entre eles, o muíño de Boly, onde traballaban e vivían os Soubirous). Ademais apareceron os muíños de vapor, que se impuxeron aos tradicionais de auga.

Dende moi pequena Bernadette tivo unha saúde delicada. A causa era a desnutrición e o lamentable e pobre estado da casa dun cuarto onde residía. Durante a súa nenez, o cólera causou 38 mortos e centenares de afectados en Lourdes. En outono de 1855, esa enfermidade atacou a Bernadette deixándoa sumamente debilitada. Máis tarde contraeu asma. O clima e o ambiente en que residían non a axudaban na súa condición.

Chegou a vivir algúns anos nunha cela da antiga prisión de Lourdes, por entón fóra de uso: o chamado cachot, de 4,40 m por 4 m, na rue des Petits Fossés, cedido polo seu propietario, un primo do pai chamado Aimé Sajous, a causa da extrema pobreza da familia Soubirous. A familia foi entón sinalada na aldea como «os que viven no calabozo».

Coñecera a miseria ata pasar fame e ver os seus irmáns repartirse un anaco de pan. Bernadette tiña que pedir roupa prestada cando lavaba a propia. Cando os demais nenos da súa idade asistían á escola, ela debía coidar os seus irmáns máis novos ou gardar no monte ovellas alleas. Ata os dezaseis anos non aprendeu a ler nin a escribir, mais aínda así, estaba empeñada en recibir a primeira comuñón. Polas noites, despois de longas horas de labor, a nena repetía as fórmulas do catecismo. O mestre dicíalle aos seus pais: «Cústalle reter de memoria o catecismo porque non sabe ler; mais pon moito empeño: é moi atenta e piadosa».

Primeiras revelacións miniatura|200px|Bernadette Soubirous en 1866, aínda a esa idade, tiña a aparencia dunha nena. O 11 de febreiro de 1858, e durante seis meses, Bernadette recibiu as revelacións da Virxe María na advocación da Inmaculada Concepción na pequena gruta de Massavielha (oficialmente en francés Massabielle). O lugar estaba conformado por unha rocha que cubría unha gruta alongada, duns oito metros de largo. Aquel xoves 11 de febreiro rematárase a leña na casa e Bernadette ofreceuse a ir recoller á beira do regato Gave, coa súa irmá Toinette e Jeanne Abadie, a quen chamaban Baloum. As tres nenas descenderon ata Masse-Vieille. Segundo o seu relato, Bernadette oíu un forte rumor de vento, mais ao darse volta viu que todo estaba tranquilo e que as árbores non se moveran. Por segunda vez oíu o mesmo rumor e entón no interior da gruta viu unha rapaciña.Holy people of the world: a cross-cultural encyclopedia, Volume 3 por Phyllis G. Jestice 2004 ISBN 1-57607-355-6 page 816 Así narrou Bernadette a primeira aparición:

A «moza», a quen Bernadette comezou chamando Aquerò ("Aquela", que na normativa estándar se expresa como Aquera) e despois uo petito damizelo ("Señora") presentóuselle dezaoito veces. Na terceira aparición, o 18 de febreiro, Bernadette preguntoulle o seu nome. A Señora non llo dixo de momento e propúxolle unha cita diaria durante quince días. Do 19 ao 24 de febreiro tiveron lugar as aparicións cuarta a oitava. A Señora e Bernadette faláronse en confidencia, mentres as autoridades acusaban a pequena rapaza de perturbar a orde pública e ameazábana con enviala ao cárcere.

A nena mantivo unha consistente actitude de calma durante os interrogatorios, sen cambiar a súa historia nin a súa actitude, nin pretender ter un coñecemento máis alén do dito respecto á visión descrita.

As opinións dos veciños de Lourdes estaban divididas. Aqueles veciños que crían que Bernadette dicía a verdade, asumían que a muller que se lle aparecía era a Virxe María. Con todo, Bernadette nunca sostivo nese tempo "ver a Virxe" e continuou a usar o vocábulo Aquerò.

a aparición do 24 de febreiro focalizouse na necesidade da pregaria e a penitencia. Segundo Bernadette, Aquerò dixo: "Penitenço... Penitenço... Penitenço" (na normativa actual, "Penitença... Penitença... Penitença", é dicir, "penitencia").

O 25 de febreiro tivo lugar unha das aparicións máis polémicas, ante a presenza nunhas 350 persoas. Segundo testemuñou Bernadette, logo de rezar o rosario a Señora pediulle que bebese da auga do manancial e que comese das plantas silvestres que crecían alí. Ela interpretou que debía ir tomar auga do próximo río Gave e cara a alá foi. Mais a Señora sinaloulle co dedo que escarvase no chan. Bernadette cavou coas mans núas e lixou o seu rostro buscando beber onde só había lama. Intentou «beber» tres veces, infrutuosamente. No cuarto intento, as pingas estaban máis claras e ela bebeunas. Tamén comeu anacos dalgunhas das plantas do lugar. Cando finalmente tornou cara a a multitude que a observaba, a súa cara estaba manchada coa lama, sen que se revelase manancial manancial. Isto causou moito escepticismo e foi visto como tolemia por moitos dos presentes, que gritaron: "É unha fraude!" e "Está tola!", en tanto os seus parentes, desconcertados, limpaban a cara da adolescente cun pano. Pouco despois, con todo, brotou un manancial de auga que comezou a fluír do oco lordento cavado por Bernadette.

A gran revelación: «Eu son a Inmaculada Concepción» miniatura|150px|Dominique Peyramale, párroco de Lourdes. O martes 2 de marzo, Aquerò pediu dúas cousas a Bernadette: que se fixesen procesións á gruta e se construíse alí mesmo unha capela na súa honra. Acompañada por dúas das seus tías, Bernadette acudiu ao párroco, pai Dominique Peyramale, co pedido. Peyramale era un home intelixente que non cría en visións ou milagres.

Edificar unha capela, "mais, en honra de quen?" preguntaron os prelados a quen Bernadette referiu o coloquio. A Señora reveloulle a súa identidade na súa décimo sexta aparición, o 25 de marzo, en termos que Bernadette non comprendeu plenamente nun principio: "Eu son a Inmaculada Concepción" (literalmente, Qué soï era immaculado councepcioũ, que segundo a normativa estándar actual se expresa Que soi era immaculada concepción). A revelación sucedeu despois de máis dunha hora, durante a cal tivo lugar o segundo dos chamados "milagres do cirio". Bernadette sostiña un cirio aceso; durante a visión o cirio consumiuse e a chama entrou en contacto directo coa súa pel por máis de quince minutos, sen que producise nela ningún signo de dor ou dano tisular. Foron testemuñas diso numerosas persoas, entre elas o médico da cidade, Dr. Pierre Romaine Dozous, quen mediu o tempo e posteriormente o documentou. miniatura|Bernadette Soubirous na gruta de Lourdes en 1863 Bernadette referiu a revelación da identidade de Aquerò ao clero, ante todo ao pai Peyramale e tamén ao abade Pène, ao abade Serres e ao abade Pomian.

Sucedéronse interrogatorios permanentes e incisivos de parte de diferentes autoridades civís francesas e autoridades eclesiásticas da Igrexa católica.

En efecto, Bernadette posuía pouca instrución, como a maioría dos seus veciños e as dúbidas sobre a súa capacidade para ler ou inventar semellantes palabras valeron a atención do sacerdote do lugar.

Tres anos antes, o de 8 de decembro de 1854, a Igrexa católica na figura do papa Pío IX explicitara o dogma da Inmaculada Concepción que sostén a crenza de que a Virxe María, nai de Xesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, foi preservada inmune de toda mancha de culpa orixinal dende o primeiro instante da súa concepción, por singular privilexio e graza de Deus e en atención aos méritos de Cristo. Na aparición, a Señora presentouse coas palabras «Eu son a Inmaculada Concepción», frase que parece unha extensión da tradición xoánica, xa que no evanxeo de Xoán, Xesús se presenta co nome "Eu son" (Xoán 8, 24.28.58; Xoán 13, 19), ao que tamén completa cun predicado que cualifica a súa persoa e a súa misión: "Eu son o pan de vida" (Xoán 6, 35.48), "Eu son a luz do mundo» (Xoán 8, 12); "Eu son o bo pastor" (Xoán 10, 11.14); "Eu son a resurrección e a vida" (Xoán 11, 25); "Eu son o camiño, a verdade e a vida" (Xoán 14, 6); "Eu son a vide verdadeira" (Xoán 15, 1). Xesús presentábase así como aquel en que se realizan os bens esperados. En Lourdes, María preséntase a si mesma como aquela "chea de graza" en quen, segundo a Igrexa católica, se realizaron as marabillas de Deus.

A auga do manancial O manancial de auga encontrado por Bernadette por indicación da Virxe resultou ser fonte de numerosos feitos extraordinarios. A auga foi analizada por laboratorios independentes, que non atoparon ningún elemento estraño, senón que era auga potable similar a calquera auga dos Pireneos: se ben posúe un alto contido en sales minerais, non contén nada fóra do ordinario que xustifique os milagres que se lle atribúen, a curación de enfermos crónicos, ou mesmo terminais... De feito, en Lourdes pódese consultar o arquivo das curacións. Os estudos son levados a cabo minuciosamente por Le Bureau des Constatations Médicales e Le Comité Médical International de Lourdes.

O santuario e a talla da Virxe