Frances Anne "Fanny" Kemble, nada en Londres o 27 de novembro de 1809 e finada na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1893 foi unha destacada actriz británica, membro dunha familia teatral. Tamén foi unha célebre e popular escritora.

Traxectoria Primeiros anos Membro da famosa familia teatral Kemble, Fanny era a filla máis vella do actor Charles Kemble e a súa esposa vienesa, Marie Therese De Camp. Era sobriña da notable tráxica Sarah Siddons e do actor John Philip Kemble. A súa irmá máis nova era a cantante de ópera Adelaide Kemble. En 1821, Fanny Kemble marchou a estudar arte e música a París. Ademais de pola literatura e a sociedade, foi na academia de Mrs. Lamb na Rue d’Angoulême, Champs Elysées, onde Fanny descubriu persoalmente a interpretación por primeira vez, lendo para os pais dos alumnos durante o tempo da escola. Cando era adolescente, Kemble pasaba o tempo estudando literatura e poesía, en particular a obra de Lord Byron.

Unha das súas profesora foi Frances Arabella Rowden (1774-1840?), que estivera asociada coa Reading Abbey Girls' School dende que tiña dezaseis anos. Rowden era unha mestra comprometida, cun entusiasmo en particular polo teatro. Non só era poeta, senón, segundo Mary Russell Mitford, "tiña facilidade para converter as súas alumnas en poetas".

En 1827, Kemble escribiu a súa primeira obra en cinco actos, Francis the First, que recibiu a aclamación da crítica.

O 26 de outubro de 1829, con vinte anos, Kemble debutou no teatro como Xulieta en Romeu e Xulieta no Covent Garden Theatre despois de só tres semanas de ensaio. A súa personalidade atractiva convertérona nunha favorita do público e a súa popularidade permitiu ao seu pai recuperar as súas perdas como xerente de actores. Kemble interpretou os principais papeis femininos desa época, especialmente Portia (Merchant of Venice) e Beatrice (Much Ado about Nothing) de Shakespeare, e Lady Teazle en The School for Scandal, de Richard Brinsley Sheridan. A Kemble non lle gustaba a artificiosidade do estrelado, mais apreciaba o salario que aceptaba para axudar a súa familia, que en ocasións tiña problemas financeiros.

En 1832, Kemble acompañou o seu pai nunha xira polos Estados Unidos. Mentres estaba en Boston 1833, viaxou a Quincy para ver a tecnoloxía revolucionaria do primeiro ferrocarril comercial do país.

Matrimonio e fillas En 1834, Kemble retirouse do teatro para casar o 7 de xuño co estadounidense Pierce Mease Butler. Aínda que se coñeceron e viviron en Filadelfia, Butler era neto de Pierce Butler, Pai Fundador, e era o herdeiro dunha gran fortuna en plantacións de algodón, tabaco e arroz. No tempo en que naceron as fillas da parella, Sarah e Frances, Butler herdara tres das plantacións do seu avó na illa Butler, ao sur de Darien, Xeorxia, e os centos de persoas que eran escravos nelas.

A familia visitou Xeorxia durante o inverno de 1838–39, vivindo nas plantacións de Butler e as illas St. Simons, en condicións primitivas en comparación coa súa casa en Filadelfia. Kemble asombrouse pola vida e as condicións de traballo dos escravos e o tratamento por parte dos xerentes.

Cando a familia regresou a Filadelfia na primavera de 1839, Kemble e o seu marido sufrían de tensións matrimoniais. Ademais do seu desacordo co tratamento das familias de escravos nas plantacións de Butler, Kemble estaba "resentida e avergoñada" polas infidelidades do seu marido.Bell, Malcolm. Major Butler's Legacy: Five Generations of a Slaveholding Family, Athens e London: Universidade de Xeorxia, 1987, pp. 288–310 Butler ameazouna con negarlle o acceso ás súas fillas se publicaba algo das súas observacións nas plantacións.David (2007), A Performed Life, p. 154. En 1845-7, o matrimonio fracasra irremediablemente e Kemble volveu a Europa.

Separación e divorcio En 1847, Kemble volveu ao escenario nos Estados Unidos, xa que tiña que buscar a súa vida trala separación. Seguindo o exemplo do seu pai, apareceu con éxito como lectora de obras de Shakespeare, máis que actuando en obras. A parella sufriu un amargo divorcio en 1849, en que Butler retivo a custodias das súas fillas. Nesa época en que o divorcio era raro e nunha sociedade patriarcal, o pai adoitaba lograr a custodia dos fillos. Á parte de breves visitas, Kemble non se reuniu coas súas fillas ata que cada unha cumpriu vinte e un anos.

Vida posterior Kemble concluíu a súa carreira como lectora shakespeareana en 1868, e o seu éxito nesta faceta permitiulle comprar unha casa en Lenox, Massachusetts.Harvard Magazine: Fanny Kemble, Brief life of a literary actress: 1809-1893, por Catherine Clinton Consultado o 5 de maio de 2017. En 1877, Kemble volveu a Londres e reuniuse coa súa filla Frances, que se mudara aló co seu marido británico. Kemble usou o seu apelido de solteira e viviu alí ata a súa morte. Durante ese período foi unha figura prominente e popular da sociedade londiniense. Foi unha grande amiga do escritor Henry James nos seus últimos anos. A súa novela Washington Square (1880), está baseada nunha historia que Kemble lle contara sobre un dos seus familiares.[Singer, Irving. Cinematic Mythmaking, MIT Press, 2008. pp.88-89]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Armstrong, Margaret. Fanny Kemble: A Passionate Victorian, Nova York: The Macmillan Company, 1938. Bell, Malcolm Jr., Major Butler's Legacy: Five Generations of a Slaveholding Family, Athens, GA: University of Georgia Press, 1987. Cate, Margaret Davis. "Mistakes in Fanny Kemble's Georgia Journal", Georgia Historical Quarterly 44 (marzo de 1960). Clinton, Catherine. Fanny Kemble's Civil Wars. Simon and Schuster, 2000. David, Deirdre. Kemble: A Performed Life, Filadelfia: University of Pennsylvania, 2007; Dickerson, Vanessa D. Dark Victorians, Urbana: University of Illinois, 2008; Driver, Leota Stultz. Fanny Kemble, Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1933.

King, Julia. Julia King to ____, 24 de outubro de 1930. Julia King letters and clippings, MS 1070, Georgia Historical Society, Savannah, Xeorxia. Leigh, Frances Butler. Ten Years on a Georgian Plantation since the War (1883) incluído en Principles and Privilege: Two Women's Lives on a Georgia Plantation. Ann Arbor: University of Michigan Press, 1994. Ligazóns externas People & Events: Fanny Kemble and Pierce Butler: 1806 – 1893 at pbs.org. The Writer's Almanac with Garrison Keillor commemoration of her birthday on 27 November.

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa