O violinista no tellado (en ) é un filme estadounidense de 1971 producido e dirixido por Norman Jewison. É unha adaptación do musical homónimo de Broadway de 1964, con música composta por Jerry Bock, letras de Sheldon Harnick, e guión de Joseph Stein e baséase nas historias de Sholem Aleichem. Está protagonizado por Topol, Norma Crane, Leonard Frey, Molly Picon e Paul Mann, e conta a historia de Tevye, o pai de cinco fillas, e os seus intentos de manter as tradicións e a relixión xudías fronte ás influencias externas coas que se atopa toda a familia. Debe lidar coas fortes vontades das súas tres fillas maiores, que queren casar por amor cada unha cun esposo que cada vez se afasta máis dos costumes da súa fe, e co edicto do tsar Nicolao II de Rusia que expulsa os xudeus de Anatevka.
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1991 a través da TVG.La Voz de Galicia, 9 de xaneiro de 1991. Páx. 62
Personaxes Chaim Topol como Τevye Norma Crane como Golde Rosalind Harris cini Tzeitel Michele Marsh como Hodel Neva Small como Chava Molly Picon como Yente Paul Mann como Lazar Wolf Leonard Frey como Motel Kamzoil Paul Michael Glaser (acreditado como Michael Glaser) como Perchik Raymond Lovelock como Fyedka Elaine Edwards como Shprintze Candy Bonstein como Bielke Shimen Rushkin como Mordcha Zvee Scooler como Rabino Louis Zorich como Constable Alfie Scopp como Avram Howard Goorney como Nachum Barry Dennen como Mendel Ruth Madoc como Fruma-Sarah Patience Collier como avoa Tzeitel Tutte Lemkow como violinista Marika Rivera como Rifka Aharon Ipale como Sheftel Roger Lloyd Pack como Sexton Vernon Dobtcheff como oficial ruso Kenneth Waller como home na secuencia do soño de Tevye (sen acreditar) Norman Jewison: (sen acreditar) como a voz do Rabino (dobrado despois da rodaxe) na secuencia do soño de Tevye (cantando "Mazel Tov")
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Páxina en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Norman Jewison Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Croacia Categoría:Filmes ambientados en Ucraína Categoría:Filmes ambientados en 1905 Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego