A dos gurinos (Gourinae) é unha subfamilia de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos.

A subfamilia comprende unicamente un só xénero, Goura, con catro especies.Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.

Taxonomía Descrición Subfamilia A subfamilia foi descrita polo naturalista inglés George Robert Gray, na súa obra Genera of Birds (1844–1849).The Penny Cyclopaedia of The Society for the Diffusion of Useful Knowlegge.

Xénero En canto ao xénero, fora descrito en 1819 polo tamén naturalista inglés James Francis Stephens,Goura Stephens, 1819 no ITIS. na páxina 119 da súa obra General Zoology.

Etimoloxía O nome científico Gourinae está formado sobre a raíz do seu xénero tipo, Goura, coa adición do sufixo do latín científico -ínae, propio das familias dos animais.

Especies Actualmente, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional, recoñécense as catro species seguintes: Goura cristata (Pallas, 1764) Goura scheepmakeri Finsch, 1876 Goura sclaterii Salvadori, 1876 Goura victoria (Fraser, 1844)

A especie-tipo é Goura cristata, que foi descrita en 1764 por Peter Simon Pallas co nome de Columba cristata.

Filoxenia Resultados de estudos filoxenéticos indican que Raphus e Pezophaps pertencen ao clado Gourinae, resultado similar ao que se desprende das análises moleculares. As diferenzas entre os resultados actuais e estes son probabelmente debidos a caracteres converxentes que afectan á colocación dos taxons.

Un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 descubriu que as catro especies do xénero Goura formaban dous pares de clados: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Parish, Jolyon C. (2013): The Dodo and the Solitaire: A Natural History. Bloomingnton, Indiana, USA: Indiana University Press. ISBN 978-0-2530-0099-6. Worthy, T. H. (2001): A giant flightless pigeon gen. et sp. nov. and a new species of Ducula (Aves: Columbidae), from Quaternary deposits in Fiji. Journal of the Royal Society of New Zealand, 31: 763–794.

Outros artigos Columbiformes Colúmbidos Goura

Ligazóns externas Gourinae na ADW. Gourinae na EOL.

Categoría:Colúmbidos