Dorothy Day, nada en Nova York o 8 de novembro de 1897 e finada na mesma cidade o 29 de novembro de 1980, foi unha xornalista e activista social estadounidense. Day inicialmente mantivo un estilo de vida bohemio antes de gañar recoñecemento público como activista social trala súa conversión ao catolicismo. Foi unha política radical,Elie (2003), páx. 433 quizais a máis coñecida na historia do Igrexa católica estadounidense.

A conversión de Day foi descrita na súa autobiografía, The Long Loneliness.Elie (2003), páx. 43 Day foi tamén unha activa xornalista e describiu o seu activismo nos seus escritos. En 1917 foi encarcerada como membro do movemento sufraxista non violento Silent Sentinels, de Alice Paul. Na década de 1930, Day traballou xunto co seu compañeiro activista Peter Maurin para establecer o Movemento Católico Obreiro (Catholic Worker Movement), movemento pacifista que combina a axuda directa aos pobres e ás persoas sen fogar coa non violencia directa. Practicou a desobediencia civil, que provocou outros arrestos en 1955,Elie (2003), páx. 236-237 1957,Elie (2003), páx. 279 e 1973, aos setenta e cinco anos.Elie (2003), páx. 433 Como parte do Movemento Católico Obreiro, Day cofundou o xornal Catholic Worker en 1933, e traballou como a súa editora dende 1933 e ata a súa morte en 1980. No xornal, Day defendeu a teoría económica católica do distributismo, que consideraba unha terceira vía entre o capitalismo e o socialismo. O papa Bieito XVI empregou a historia da súa conversión como exemplo de "viaxe cara á fe... nun ambiente secularizado". O papa Francisco incluíuna nunha breve listaxe de estadounidenses exemplares con Abraham Lincoln, Martin Luther King Jr. e Thomas Merton, no seu discurso ante o congreso dos Estados Unidos. A Igrexa abriu a causa para a canonización de Day, que foi aceptada pola Santa Sé para a súa investigación. Debido a isto, a Igrexa refírese a ela co título de Serva de Deus.

Legado Judith Palache Gregory foi a testamenteira de Day. Os seus documentos están na Universidade Marquette, xunto con moitos arquivos do Movemento Católico Obreiro. Os seus diarios e cartas foron editados por Robert Ellsberg e publicados pola Marquette University Press en 2008 e 2010.The Duty of Delight

Os intentos de preservar o bungalow da praia de Staten Island na comunidade de Spanish Camp en que viviu as últimas décadas da súa vida fracasaron en 2001., este non era o mesmo bungalow onde vivía cando se converteu ao catolicismo. A súa casa foi derrubada xusto cando a New York City Landmarks Preservation Commission ía declarala paisaxe histórica. O soar ocúpano algo máis de media ducia de casas privadas.

En maio de 1983, unha carta pastoral emitida pola conferencia episcopal dos Estados Unidos, "The Challenge of Peace", destacou o seu papel no establecemento da non violencia como principio católico: "o testemuño non violento de figuras como Dorothy Day e Martin Luther King tivo un fondo impacto na vida da Igrexa nos Estados Unidos". O papa Bieito XVI, o 13 de febreiro de 2013, nos últimos días do seu papado, citou a Day como exemplo de conversión. Citou os seus escritos e dixo: "A viaxe cara á fe nun ambiente tan secularizado foi particularmente difícil, mais non obstante a Graza actúa".

O 24 de setembro de 2015, Francisco converteuse no primeiro papa que asistiu a unha reunión conxunta do Congreso dos Estados Unidos de América. Day foi unha das catro estadounidenses mencionadas polo papa no seu discurso que incluíu a Abraham Lincoln, Martin Luther King Jr. e Thomas Merton. Dixo de Day: "O seu activismo social, a súa paixón pola xustiza e pola causa dos oprimidos, foron inspirados polo Evanxeo, a súa fe e o exemplo dos santos".

Filmes En 1996 estreouse un filme independente sobre Dorothy Day titulado Entertaining Angels: The Dorothy Day Story. Day foi interpretada por Moira Kelly, e Peter Maurin por Martin Sheen. A longametraxe documental Dorothy Day: Don't Call Me a Saint estreouse en 2005 e foi mostrado no Festival de Cinema de Tribeca de 2006.

Recoñecementos póstumos En 1992, Day recibiou o Courage of Conscience Award da Peace Abbey. En 2001, Day foi incluída no National Women's Hall of Fame de Seneca Falls, Nova York. A personaxe de DC Comics Leslie Thompkins está baseada segundo o seu creador Denny O'Neil en Day. A banda de indie rock, The Chairman Dances, incluíu unha canción para Day e Peter Maurin no seu disco de 2016, Time Without Measure. A canción estreouse en PopMatters o 22 de xullo de 2016. O Dorothy Day Center de Saint Paul, Minnesota, é un refuxio para persoas sen fogar dirixido por Catholic Charities.

Causa de santidade Os misioneiros claretianos propuxeron a canonización de Day en 1983. A petición do cardeal John J. O'Connor, cabeza da diocese en que ela vivía, en marzo de 2000 o papa Xoán Paulo deu permiso á arquidiocese de Nova York para abrir a causa, permitíndolle chamala "Serva de Deus". Segundo require o dereito canónico, a arquidiocese enviou a causa para a aceptación da Conferencia Episcopal estadounidense, que a recibiu en novembro de 2012.

Algúns membros do Movemento Católico Obreiro puxeron obxeccións ao proceso de canonización por supor unha contradición dos valores e preocupacións de Day.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carol Byrne (2010) The Catholic Worker Movement (1933-1980): A Critical Analysis, Central Milton Keynes, UK: AuthorHouse Virginia Cannon, "Day by Day: A Saint for the Occupy Era?" The New Yorker, 30 de novembro de 2012 Jeffrey M. Shaw (2014) Illusions of Freedom: Thomas Merton and Jacques Ellul on Technology and the Human Condition Wipf and Stock. Robert Coles (1987) Dorothy Day: A Radical Devotion, Radcliffe Biography Center, Perseus Books, conversas con Dorothy Day

Brigid O'Shea Merriman (1994) Searching for Christ: The Spirituality of Dorothy Day William Miller (1982) Dorothy Day: A Biography, NY: Harper & Row June O'Connor (1991) The Moral Vision of Dorothy Day: A Feminist Perspective Mel Piehl (1982) Breaking Bread: The Origins of Catholic Radicalism in America William J. Thorn, Phillip Runkel, Susan Mountin, eds. (2001) Dorothy Day and the Catholic Worker Movement: Centenary Essays, Marquette University Press, 2001 Robert Atkins (2013) "Dorothy Day's social Catholicism: the formative French influences" Terrence C. Wright, Dorothy Day: An Introduction to Her Life and Thought, Ignatius Press, 2018. Ligazóns externas Dorothy Day Collection Dorothy Day, Union Square Speech, 1965 Dorothy Day quotations, PBS Dorothy Day-Catholic Worker Collection , Marquette University Entrevista con Dorothy Day en The Georgia Bulletin, febreiro de 1985. Stephen Beale, "The Dorothy Day Few of Us Know", Crisis Magazine, 19 de marzo de 2013 Maurin, Day, the Catholic Worker, and Anarcho-Distributism por Nicholas Evans 2018

Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas contra a pobreza Categoría:Personalidades do catolicismo dos Estados Unidos de América Categoría:Socialismo Categoría:Venerados pola Igrexa católica