A Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu (Oulun ammattikorkeakoulu, coñecido como OUAS polas siglas en inglés) é unha organización educativa pública de Finlandia, con sede en Oulu.

Descrición Distribúe os seus catro campus no norte de Finlandia. Tres na cidade de Oulu, capital do municipio do mesmo nome, e un cuarto na cidade de Oulainen, a 100 km de distancia. A OUAS ocupa 650 docentes que imparten formación a 9.000 alumnos.

Actividade A oferta formativa abrangue 35 programas de grao e mestrado nas disciplinas de ciencias sociais, cultura e recursos naturais renovables, enxeñería, información comercial e saúde.

Con énfase en I+D+I, fai especial fincapé nos estudos de Enerxía, recursos naturais e Medio Ambiente, así como de Saúde e benestar no futuro. Todas as disciplinas oriéntanse á mellora do modelo construtivo condicionado ao chan e clima autóctono, con propostas enerxéticas intelixentes, economía de recursos naturais, sostibilidade e baixa produción de carbono.

Actualidade Alén o persoal docente fixo, á OUAS adhírense directores, coordinadores, planificadores e xestores financeiros para o desenvolvemento de proxectos, tanto a nivel local como rexional, nacional e transfronteirizos.

Tras disolver a súa sociedade con NPP-Sustainable Living Assistant (SuLA) e OCTES e PELLETime, grazas ao financiamento de NPA desenvolve o seu proxecto estrela, o e-Lighthouse, sendo así mesmo asociada no proxecto NPA Smart-Fish, buscando potenciar o desenvolvemento socioeconómico local do norte de Finlandia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da OUAS

Oulu Categoría:Oulu