Detlef Kappeler, nado en Szczecin en 1938, é un arquitecto, catedrático e pintor alemán. O seu traballo artístico fai del un representante contemporáneo do expresionismo.
Traxectoria Detlef Kappeler naceu na cidade de Stettin, en Mecklemburgo-Pomerania Occidental en Alemaña en 1938. En 1945, durante a segunda guerra mundial a súa familia deixou a cidade fuxindo da ofensiva bélica, trasladándose a Schwerin para pasar, pouco tempo despois, ao campo de refuxiados de Schleswig - Holstein onde permanecería dous anos, tras os cales chegarían, finalmente, a Hamburgo. Esta experiencia influíu en toda a traxectoria artística de Kappeler.
En 1953, Kappeler comeza os seus estudos de Arquitectura na Universidade de Hannover, que finaliza en 1965. Nesta etapa, vese influenciado polo Pop Art, creando con iso algo diferente que definiría o que sería como artista nestes anos. No ano 1966, obtén o premio da arte para arquitectura e pintura do Estado de Baixa Saxonia e comeza os seus estudos de Arte e Pintura na Escola Superior de Belas Artes de Hamburgo. En 1972 e 1973 concédenselle dúas bolsas: a primeira para unha estadía na Citén internationale das arts en París eoa Premio de Lichtwark, da cidade de Hamburgo.
En 1974, Kappeler é nomeado catedrático de Pintura e Gráfica na Universidade de Hannover. Ademais da docencia, é partícipe activo en círculos políticos onde se discuten temas como o rearmamento militar, a enerxía nuclear ou a ecoloxía. Produce ciclos de pinturas relacionados como "Projekt Nordholz" e "Eismeerzyklos". Máis tarde, Kappeler centrará as súas obras en persoas que, polas súas posturas democráticas en canto a dereitos humanos e liberdade de expresión, foron vítimas da inxustiza. Nacen, así, ciclos referidos a Theodor Lessing e Carl von Ossietzky.
Trala exposición Auf der Suche na Sala Gaspar de Barcelona en 1994, Detlef Kappeler establece o seu taller nesta cidade e segue parte dos seus traballos desde alí. Coa súa obra pictórica, en especial coas súas “Plásticas para o Espazo,” reacciona a correntes posmodernas da mesma maneira que a ideas deconstrutivistas. É aquí onde se realizan ciclos como “Raum” ou “Transparencias.” Así mesmo, o cambio que se produce cando deixa a súa cátedra e percibe a súa potencial mobilidade espacial e persoal, pivotando finalmente entre a súa propiedade no Mar do Norte en Alemaña e a Ciutat Vella en Barcelona e, máis tarde, a costa galega, fan de motor para impulsar a creación nesta que para outros críticos é vista como unha nova etapa da súa vida tamén como artista. Usándose da abstracción e redución ou simplificación, do mesmo xeito que de efectos máis lixeiros de estrutura e cor nas súas composicións, fai delas creacións dunha calidade aumentada.
Actualmente vive e traballa en Chorente, Muxía (A Coruña) e centra os seus traballos en preguntas sobre o sentido da existencia.
Antón Castro, escribiría para o catálogo da exposición El fin del camino (2010): “A súa obra emblematiza un sentimento agónico da vida, talvez a imaxe singular do romanticismo mariño”. Así mesmo, Castro recoñece nas súas obras a influencia pollockiana pero, máis notablemente, do expresionismo alemán.
Notas
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Expresionismo Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Arquitectos de Alemaña Categoría:Nados en Szczecin