Archie Harrison Mountbatten-Windsor, nado en Londres o 6 de maio de 2019, é o primoxénito do príncipe Henrique de Sussex, e de Meghan de Sussex. Ocupa o sétimo lugar na liña de sucesión ao trono británico. Mountbatten-Windsor descende da Familia Real Británica de parte do seu pai e dunha familia de clase traballadora estadounidense do lado da súa nai. É o primeiro medio-estadounidense como tamén o primeiro bebé multiracial na historia da monarquía británica.

Nacemento O 15 de outubro de 2018, o palacio de Kensington anunciou o embarazo da duquesa de Sussex. Comezou a súa baixa de maternidade o 14 de marzo de 2019. Deu a luz a un varón que pesaba 3,260kg o 6 de maio de 2019. O seu nome foi anunciado o 8 de maio de 2019.

Devanceiros Devanceiros de Archie Mountbatten-Windsor

Notas

Categoría:Nados en 2019 Categoría:Nados en Londres Categoría:Familia real británica