O Sultán de Brunei é o xefe de Estado e monarca absoluto de Brunei. É tamén o xefe de goberno na súa condición de Primeiro Ministro de Brunei. Dende a independencia de Brunei dos británicos en 1984, só reinou un Sultán, aínda que a institución data do século XIV.
O Sultán de Brunei pode ser considerado como sinónimo da gobernante Casa de Bolkiah, con xeracións que poden ser trazadas dende o primeiro sultán, temporalmente interrompido polo 13º sultán, Abdul Hakkul Mubin, que á súa vez foi deposto por un membro da Casa de Bolkiah. O título completo do Sultán é: A Súa Maxestade O Sultán e Yang Di-Pertuan de Brunei Darussalam.
Sultáns Sultáns De Brunei dende 1368: NºNomeInicio do reinadoFin do reinadoNotas1Muhammad Shah / Awang Alak Betatar13681402Estabelecido o Sultanato.2Ahmad / Awang Pateh Berbai140814253Sharif Ali / Sultan Barkat (Sultán Bendicido)14251432Non ten relación xenealóxica directa co seu predecesor, mais foi seleccionado por ser xenro do anterior sultán (Ahmad) e estar moi versado no islam.4Sulaiman14321485Fillo do anterior sultán, Sharif Ali. Abdicou no seu fillo Bolkiah.5Bolkiah / Nakhoda Ragam (O Capitán de Canto)14851524Fillo do anterior sultán, Sulaiman.6Abdul Kahar15241530Fillo do anterior sultán, Bolkiah7Saiful Rijal15331581Sobriño e fillo adoptado do anterior sultán, Abdul Kahar. Estalou a Guerra hispano-bruneana entre España e Brunei.8Shah Berunai15811582Fillo máis vello do Sultán Saiful Rijal9Muhammad Hassan15821598Irmán máis novo de Shah Berunai.10Abdul Jalilul Akbar1598165911Abdul Jalilul Jabbar1659166012Muhammad Ali16601661Esganado polo seu sucesor Abdul Hakkul Mubin, iníciase a Guerra civil de Brunei.13Abdul Hakkul Mubin16601673Iniciou a Guerra civil de Brunei. por matar o seu predecesor Muhammad Ali e foi á súa vez matado por Muhyiddin que o sucedeu como Sultán.14Muhyiddin16731690Fillo de Abdul Jalilul Akbar quen vingou a morte do seu sogro Muhammad Ali asasinando a Abdul Hakkul Mubin, e pondo fin á Guerra civil de Brunei.15Nasruddin1690171016Hussin Kamaluddin17101730Primeiro dos seus dous reinados17Muhammad Alauddin17301737Instruíu a Datu Imam Yaakub para escribir o Silsilah Raja-Raja Berunai, a xenealoxía dos Sultáns de Brunei16Hussin Kamaluddin17371740Segundo dos seus dous reinados18Omar Ali Saifuddin I1740177819Muhammad Tajuddin17781807Ordenou a Khatib Abdul Latif as inscricións do Batu Tarsilah20Muhammad Jamalul Alam I1804180421Muhammad Kanzul Alam1807182622Muhammad Alam1826182823Omar Ali Saifuddin II18281852Brunei cedeu algúns territorios de Sarawak a James Brooke. Brunei cedeu Labuan aos británicos.24Abdul Momin185229 de maio de 1885Brunei cedeu a parte noroeste de Borneo aos británicos. En 1884 produciuse a declaración de Amanat, que xuraba non ceder máis territorios de Brunei a poderes estranxeiros.25Hashim Jalilul Alam Aqamaddin29 de maio de 188510 de maio de 1906Reino Unido estabeleceu un protectorado sobre Brunei en 1888.26Muhammad Jamalul Alam II10 de maio de 190611 de setembro de 1924Morreu tras un gromo de malaria así como tres membros da súa familia.27Ahmad Tajuddin11 de setembro de 19244 de xuño de 1950Produciuse a ocupación xaponesa de Brunei.28Omar Ali Saifuddien III4 de xuño de 19505 de outubro de 1967Asinouse a Constitución de Brunei de 1959. Abdicou voluntariamente en prol do seu fillo maior, Hassanal Bolkiah. Converteuse no primeiro Ministro de Defensa de Brunei despois da independencia de 1984.29Hassanal Bolkiah5 de outubro de 1967PresenteBrunei recobrou a independencia do Reino Unido en 1984.
Incertezas O rexistro histórico máis antigo dos sultáns de Brunei non é claramente coñecido debido á mala documentación inicial da historia de Brunei. Moitos dos membros máis vellos da casa de Bolkiah aseguran que os seus antepasados foron BaHassan e BaAlawi Saadah de Tarim e Hadhramawt no Iemen. Ademais, houbo un intento de "islamizar" a historia e a "historia oficial" non coincide con fontes estranxeiras verificables. O Batu Tarsilah, o rexistro xenealóxico dos reis de Brunei, non comezou ata o ano 1807.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Casa de Bolkiah Liña de sucesión ao trono de Brunei Historia de Brunei
Categoría:Brunei Categoría:Listas de monarcas