Sexto Aurelio Víctor (Sextus Aurelius Victor, en latín), nado en c. 320 e finado c. 390, foi un historiador e político do Imperio romano. Traxectoria Aurelio Víctor foi o autor dunha Historia de Roma desde Augusto a Xuliano o Apóstata (360), publicada cara a 361. Xuliano honrouno nomeándoo prefecto de Pannonia Secunda. Posibelmente é a mesma persoa que se coñece como cónsul no 373 xunto con Valentiniano I. Teodosio, nomeouno prefecto da cidade de Roma no 389.Amiano Marcelino, XXI,10.
A data da súa morte é descoñecida pero, seguramente, anterior ao 400. Probabelmente, era pagán.
Obras Fóronlle atribuídas catro obras, con maior ou menor certeza:
I. Origo Gentis Romanae; en 23 capítulos, que conteñen os anais da etnia romana dende Xano e Saturno ata a época de Rómulo. Contén moitas historias e tradicións curiosas recollidas, aparentemente, de fontes antigas, e pode considerarse como unha importante contribución á historia lendaria de Roma II. De Viris Illustribus Romae; en 86 capítulos, que comenza co nacemento dos fillos de Marte e Ilia (Rea Silvia) e conclúe coa morte de Cleopatra. III. De Caesaribus; en 42 capítulos, con biografías curtas dos emperadores, desde Augusto a Constancio Cloro. IIII. De Vita et Moribus Imperatorum Romanorum excerpta ex Libris Sex. Aur. Victoris; son 48 capítulos, que principian en Augusto e rematan en Teodosio.
As catro foron publicadas xeralmente de forma conxunta baixo o nome de Historia Romana, pero a cuarta é unha refundición da terceira. A segunda foi a primeira en ser impresa en Nápoles en 1472, en catro tomos, co nome de Plinio o Mozo, e a cuarta en Estrasburgo en 1505.
A primeira edición dos catro libros foi obra de Andreas Schottus (8 volumes, Anveres, 1579).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Varios autores (1910-1911). Victor, Sextus Aurelius «Victor, Sextus Aurelius». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.
Ligazóns externas De Viris Illustribus Romae en castelán. Liber de Caesaribus; en latín, en The Latin Library. Epitome de Caesaribus; en latín, en Forum Romanum. Epitome de Caesaribus; en inglés, en Roman Emperors. Obras de Aurelio Víctor en francés no sitio de Philippe Remacle. González González, Avelina. (2003). La concepción de la historia en Aurelio Víctor Tese de doutoramento. Universidade Complutense de Madrid.
Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados no século IV