Gregorio Revenga Portela, máis coñecido como Goyo Revenga, nado en Pontevedra en 1961, é un empresario e político galego. miniatura|Papeleta de Ciudadanos en Pontevedra nas eleccións locais de 2019.
Traxectoria Diplomouse en óptica pola Universidade Complutense de Madrid en 1982. Estableceu a súa propia óptica en 1984 na súa localidade natal e dende 1987 colabora tamén co servizo de rehabilitación da ONCE. Militante de Ciudadanos, foi candidato ao Senado nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016. Dende 2017 é coordinador local e provincial do seu partido en Pontevedra. Nas eleccións locais de 2019 foi o candidato á alcaldía de Pontevedra, sendo finalmente concelleiro."Cidadáns confirma a Goyo Revenga como candidato por Pontevedra". Pontevedra Viva, 22 de abril de 2019 Nas eleccións xerais de abril de 2019 e eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Senado. O 7 de febreiro de 2020 o seu partido suspendeuno de militancia por apoiar os orzamentos do goberno local e o 20 de xullo expulsouno definitivamente da formación, así e todo Revenga permaneceu como concelleiro non adscrito.
Notas
Categoría:nados en 1961 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Pontevedra