Clément Mouamba, nado en Sibiti, África Ecuatorial Francesa en 1944, e finado o 29 de outubro de 2021, foi un político congolés. Entre 2016 e 2021 ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República do Congo. Anteriormente exerceu como Ministro de Finanzas (1992 a 1993). Foi símbolo da «nova República» e da «ruptura» do goberno buscado por Denis Sassou Nguesso, despois da súa reelección o 20 de marzo.

Educación Clément Mouamba estudou no Lycée Technique du 1er Mai en Brazzaville, onde obtivo o seu bacharelato, antes de ir a estudar a Montpellier, logo á Sorbona, onde obtivo un doutoramento en economía. 

Carreira profesional En 1973, uniuse ao BEAC en Yaoundé. Seis anos despois, converteuse no asistente do director. Denis Sassou Nguesso, que acababa de chegar ao poder, convérteo no seu asesor económico e financeiro, antes de poñelo á fronte do Banco Internacional do Congo (BIDC), e logo do Banco Comercial do Congo (BCC), en 1985.

Carreira política En 1992, cando Sassou Nguesso deixou a presidencia, Clément Mouamba abandonou Partido Congolés do Traballo (PCT), foi elixido deputado por Sibiti e uniuse ó primeiro goberno formado polo novo Xefe de Estado, Pascal Lissouba, como Ministro de Economía e Finanzas. Debido ós seus desacordos coa "Banda dos Catro" que rodeaba o presidente, non foi reelixido en 1995.

En 2015, Clément Mouamba rompeu co seu partido antes do referendo constitucional dese ano para participar no diálogo patrocinado polo goberno, que a oposición boicoteara, debido á cuestión do cambio constitucional. O referendo permitiu ó presidente Denis Sassou Nguesso postularse para outro período nas eleccións presidenciais de marzo de 2016."Congo Republic president names one-time opposition leader as PM", Reuters, 23 de abril de 2016. Tras a asunción do presidente Sassou Nguesso por un novo mandato o 16 de abril de 2016, nomeou como Primeiro Ministro a Clément Mouamba o 23 de abril.Gankama N'Siah, "Exécutif congolais: Clément Mouamba nommé Premier ministre, chef du gouvernement" , ADIAC, 24 de abril de 2016 . Este último constitúe o seu primeiro goberno o 30 de abril de 2016.

Despois das eleccións parlamentarias de 2017, onde o partido presidencial (PCT) foi o primeiro, Clément Mouamba presenta a renuncia do seu goberno ó presidente, como é costume. Foi reelixido o 21 de agosto e nomeou o seu segundo goberno o 22 de agosto.

En maio de 2021, Clément Mouamba e o seu goberno dimitiron.

Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Primeiros ministros da República do Congo