A Torre Nabemba (en ), coñecida tamén como Torre Elf, é un rañaceos de oficinas da cidade de Brazzaville, na República do Congo. Atópase no sur da cidade, a carón do río Congo. Con 106 metros e 30 andares é o máis alto edificio da República do Congo. Leva o nome na honra do Monte Nabemba, a montaña máis alta do país. A torre foi construída con fondos prestados da compañía petroleira francesa Elf Aquitaine.

A torre foi deseñada por Jean Marie Legrand durante un plan de cinco anos do goberno e foi construída entre 1983 e 1986. Varios ministerios e ONGs teñen a súa sede no edificio, como a Iniciativa Africana de Auto Desenvolvemento, o Novo Padroado para o Desenvolvemento Africano ou a UNESCO. A Torre Nabemba foi inaugurada polo presidente Denis Sassou Nguesso o 3 de febreiro de 1990.

Notas

Categoría:Rañaceos da República do Congo