A festa da castaña e do cogomelo celébrase no concello do Riós a primeira fin de semana de novembro. Esta festa lévase celebrando dende o ano 1994, durante dous días (sábado e domingo) en que se desfruta dos produtos típicos da zona. Dende o ano 2008 esta festa está recoñecida como Festas de interese turístico de Galicia.

Caracteerísticas

A festa comeza cun vídeo de promoción sobre o Concello do Riós, a continuación actúan diferentes grupos e tamén as pandeireteiras da banda de gaitas do concello e por último para rematar este primeiro día celébrase un magosto popular onde os pratos típicos a degustar son empanadas, pan, chourizos, castañas e bica.

O domingo a xornada comeza coa apertura das casetas onde hai produtos artesanais, xa sexan produtos gastronómicos da zona ou pezas feitas a man. Outra das actividades levadas a cabo este día é unha exposición que recolle a historia das mulleres do rural e do traxe tradicional do Entroido. Toda a festa é amenizada tanto por unha charanga como pola banda de gaitas do concello. Estes son os encargados de acompañar as autoridades por toda a festa.

Esta festa conta cunha degustación de produtos como son chourizos, castañas asadas e viño, esta está en todo momento amenizada por unha banda de música tradicional. Tamén os restaurantes teñen por costume preparar un menú de xantar tradicional.

Dende o ano 2017 faise entrega da Castaña de Ouro. Ata este ano víñase facendo un tour ciclista polas aldeas que forman o Concello do Riós, cada ano ían por unhas diferentes para que non sempre fose a mesma ruta. Antes de ir comer facíase a entrega de premios aos tres participantes que chegasen primeiro a meta.

Notas

Categoría:O Riós

Categoría:Festas de interese turístico de Galicia castaña

Categoría:O Riós sen imaxes