Aida Nuño Palacio, nada en Hevia, Siero o 24 de novembro de 1983, é unha ciclista española. Considerada como a mellor corredora española de cyclo-cros da historia tras participar no primeiro Campionato do Mundial de Ciclocrós Feminino no 2000 con só 16 anos.Campeonato del Mundo, Ciclo-Cross, Elite (V) 2000 Posúe 7 campionatos nacionais elite (o primeiro con só 18 anos) e 2 júnior. Conseguiu unha notable 17ª posición no Campionato do Mundial de Ciclocrós 2016 entre outros resultados.Aida Nuño hace historia en Valkenburg, 14º: “No me lo esperaba para nada”

Traxectoria No 2014 tivo a oportunidade de debutar como profesional co Lointek (equipo de estrada) . Tras unha boa adaptación a esa nova disciplina (a 2ª mellor do seu equipo na Emakumeen Euskal Bira: 44ª; e 11ª no Campionato de España en Ruta) destacou nas súas primeiras carreiras da tempada 2014-2015 de cyclocross e foi a súa consagración no panorama nacional e internacional.Emakumeen Euskal Bira, General Classification-15/06/2014-Category: 2.1 - Race WebsiteNUÑO PALACIO Aida-2014Nuño, “sorprendida y contenta” con su séptimo puesto ante la élite mundial; Larrinaga, 30º

En 2015 conseguiu os seus primeiros puntos UCI na disciplina do ciclismo en ruta ó quedar 13ª no Gran Premio de Plumelec-Morbihan.

En xaneiro do 2018 gañou o Campionato de España de ciclocrós elite disputado en Legazpi (Guipúscoa) nun dos circuítos máis duros celebrados nas últimas edicións.

Tras lograr o seu sétimo título de Campioa de España 2019 en Pontevedra, convértese na única ciclista da historia con sete ouros na máxima categoría.

Notas

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Siero Categoría:Ciclistas de Asturias