Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña. É a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.
Traxectoria É licenciada en dereito pola Universidade da Coruña, carreira na que tivo como profesor de Dereito procesal ao seu antecesor na alcaldía, Xulio Ferreiro. Exerceu de avogada na súa cidade natal.
Militante das Xuventudes Socialistas de Galicia"Inés Rey: «No me veo negociando, me veo gobernando y de próxima alcaldesa»".La Voz de Galicia, 27 de novembro de 2018 e do PSdeG, nas eleccións xerais de 2011 foi como número 2 da lista do partido ao Senado, por detrás do alcalde saínte Javier Losada, pero non foi escollida senadora.
En 2018 presentou a súa candidatura ás primarias do seu partido para obtar á alcaldía da Coruña, xunto con José Manuel García, Rafael Arangüena e Juan Ignacio Borrego. Na primeira volta foi a segunda candidata máis votada con 96 sufraxios, por detrás de José Manuel García que obtivo 143. Así e todo, na segunda volta que se celebrou o 25 de novembro de 2018 quedou de primeira, con 215 votos fronte aos 178 do outro candidato, encabezando así a lista do PSdeG nas eleccións municipais de 2019 na súa cidade.
Nas eleccións, celebradas o 26 de maio de 2019, o PSdeG foi a segunda forza máis votada no concello da Coruña con 9 concelleiros, quedando a 410 votos do PPdeG de Beatriz Mato, que foi a primeira forza tamén con 9 concelleiros. Non obstante, Inés Rey foi investida alcaldesa da cidade o 15 de xuño de 2019, grazas ao apoio dos 6 concelleiros da Marea Atlántica e os 2 do BNG. Vida persoal
É nai de dous fillos.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1982 Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes da Coruña