Alferd Newton, nado o 11 de xuño de 1829 en Xenebra, Suíza, e finado o 7 de xuño de 1907 en Cambridge, Inglaterra, foi un zoólogo inglés especializado en ornitoloxía.

Traxectoria Nacido en Xenebra, era fillo do político William Newton, cuxa fortuna familiar debíase a unhas plantacións de azucre no Caribe, onde o avó de Alfred, Samuel Newton, tiña unha en Saint Kitts, e unha propiedade en Santa Cruz. William Newton estableceuse en Inglaterra en 1813, adquirindo unha propiedade en Elveden, preto de Thetford (condado de Norfolk).Evans, David E. "Newton, Alfred (1829–1907)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.

En 1828 a familia Newton fixo unha viaxe a Italia e, no regreso, Alfred naceu o 11 de xuño de 1829 en Les Délices, un castelo achegado a Xenebra. Sufriu un accidente cando tiña uns cinco ou seis anos, que o deixou algo coxo dunha perna. Foi á escola en 1844 en Stetchworth, cerca de Newmarket, ocupándose alí das aves nas gaiolas, e coidou outros animais desde unha idade temperá.

Cando era xove, Newton cazou lagópodos, faisán común e perdices. As aves convertéronse para el nun interese perdurábel. Entre elas, Otis tarda, Circus pygargus, os corvos, os miñatos (Buteo buteo e outros), e os Jynx sp., que son pequenos paxaros carpinteiros especializados en alimentarse de formigas. "Os bosques e as praderías do val do Pequeno Ouse, e a veciña Fenland, foron un campo de adestramento ideal para un naturalista".

Este entusiasmo polas aves de Alfred Newton foi compartido co seu irmán máis novo Edward: os dous levaron a cabo observacións de aves cando estaban xuntos, e mantiveron correspondencia cando estaban separados.

En 1846 Newton tivo un titor en Biggleswade durante uns meses e, 1848 ingresou no Magdalene College de Cambridge, onde se graduou en B.A. (Bachelor in Arts) en 1853.

En 1854 Newton foi elixido Travelling fellow do Magdalene College de Cambridge, onde estudara, e visitou moitas partes do mundo, entre outras Laponia, Islandia, Svalbard, as Indias Occidentais e Norteamérica. En 1866 foi o primeiro profesor de Zooloxía da Universidade de Cambridge, e despois de Anatomía comparada na mesma Universidade, posto no que permaneceu até a súa morte.

Interesouse especialmente pola zooloxía e mantivo correspondencia con moitos ornitólogos da época. Unha reunión con John Wolley en Cambridge en 1851 fixo que se converteran en amigos para toda a vida.

En 1858 Newton foi un dos fundadores da British Ornithologists' Union. Escribiu numerosos libros, entre eles Zoology of Ancient Europe (1862), Ootheca Wolleyana (comezado en 1864), Zoology (1872) e un Dictionary of Birds (1893-1896). Newton contribuíu con numerosos artigos en Sociedades Científicas, e editó The Ibis (1865-1870), o Zoological Record (1870-1872) e Yarrell's British Birds (1871-1882). Así msmo, foi o encargado da redacción de numeosas entradas de ornitoloxía na 9ª edición da Encyclopædia Britannica.

Alfred Newton dedicou certo tempo ao estudo das aves das illas Mascareñas, cuxa poboación descendía por momentos. Nestas illas encontrábase o seu irmán máis novo, sir Edward Newton, que lle enviaba espécimes. Estes incluían o dodo e o solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria), ambos extintos. En 1865 foi o primeiro científico que describiu a especie Foudia flavicans, da familia dos ploceidos, endémica da illa Rodrigues, das Mascareñas, e en 1872 Psittacula exsul, que tamén vivía nesa illa, e que se extinguiu en 1875.

Pasou o resto da súa vida no Magdalene, e nunca casou. Unha caída máis que tivo cando estaba nunha viaxe en Heligoland, paralizoubo aínda máis, e tivo que camiñar despois coa axuda de dúas muletas, en lugar de con unha, como antes. "Despos de ter tres patas, converteuse nun home de catro patas" comentou un amigo.

Algunhas publicacións

Newton A. (1864–1907), Ootheca Wolleyana: 1. An illustrated catalogue of the collection of birds' eggs formed by the late John Wolley 2. Eggs of the native birds of Britain and list of British birds, past and present.

Newton A. (asistido por Hans Gadow, con contribuións de Richard Lydekker, Charles S. Roy e Robert Shufeldt) (1893–1896), Dictionary of Birds. Reimpreso nun volume (1 088 páxinas) por Black, Londres, 1896. Newton A. et al. (1896–1903), Bird migration in Great Britain and Ireland. Reports of the Committee... British Association.

Recoñecementos As súas achegasos á ornitoloxía e, en xeral, á zooloxía, foron recoñecidos pola Royal Society en 1900 cando lle outorgou a Medella Real (Royal Medal). E, no mesmo ano, a Sociedade Linneana de Londres premiouno coa Linnean Medal.

Morte Newton morreu o 7 de xuño de 1907 dunha insuficiencia cardíaca na Old Lodge de Magdalene. Está enterrado na Parish of the Ascension Burial Ground en Cambridge.

Abreviaturas As abreviaturas Newton e A. Newton,Empregada ás veces para non confundir co seu irmán menor Edward Newton, que foi administrador colonial británico en África, e tamén ornitólogo. empréganse para recoñecer a como autoridade na descrición en taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1829 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Finados en 1907 Categoría:Medalla linneana