Mikhail Alexandrovich Ulyanov (en ), nado o 20 de novembro de 1927 e finado o 26 de marzo de 2007, foi un actor soviético e ruso, un dos máis recoñecidos do teatro e o cinema soviético posterior á segunda guerra mundial. Foi nomeado Artista do Pobo da URSS en 1969 e Heroe do Traballo Socialista en 1986. En 1982 recibiu un premio especial do Festival de Venecia.
Traxectoria Mikhail Alexandrovich Ulyanov pasou a súa infancia e mocidade na cidade de Tara, óblast de Omsk. Aínda que suspendera os seus exames na escola Schepkinskoe e para a escola de arte dramática de Moscova,"Михаил Ульянов - наш строгий маршал, дедушка-заступник" (obituario), Izvestia, 31 de marzo de 2007 consultado o 30 de xaneiro de 2011 mudouse a Omsk en 1944 para converterse en actor. Despois de dous anos de estudos marchou a Moscova e entro na escola de teatro Schukin en 1946.
Ulyanov traballou no teatro Vakhtangov a partir de 1950 e dirixiuno dende 1987. Interpretou un amplo rango de personaxes na escena, sendo Rogozhin de O idiota, de Dostoievski o máis salientable. En 1979 levou ao teatro a novela épica de Vasily Shukshin I have come to give you freedom, que protagonizou como Stepan Razin. En 1985 Mikhail Ulyanov interpretou o panfleto satírico The Child Buyer do dramaturgo estadounidense John Hersey.
En canto ao cinema, interpretou líderes comunistas como Vladimir Lenin e o mariscal Zhukov. A súa célebre personaxe Yegor Trubnikov en Predsedatel (1964) converteuse nun clásico soviético e no seu papel máis emblemático.
Bratya Karamazovy, filme de 1969 que codirixiu, foi candidato ao Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa e participou no 6.º Festival Internacional de Cinema de Moscova. Tamén protagonizou Tema (1979) e Chastnaya zhizn (1982), filmes que gañaron premios nos festivais de Berlín e Venecia, respectivamente.
Posteriormente foi aclamado polo papel de Xulio César na versión da obra de Shakespeare (1990), Poncio Pilato na adaptación cinematográfica de Master i Margarita (1994), e o tirador veterano de Voroshilovskiy strelok (1999), dirixido por Stanislav Govorukhin.
Faleceu o 26 de marzo de 2007 dunha doenza intestinal.Ветераны хотят, чтоб Ульянова похоронили как великого полководца
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biography Mikhail Ulyanov at the Vakhtangov Theatre website Actor Mikhail Ulyanov died in Moscow
Categoría:Nados no óblast de Omsk Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Actores de cinema de Rusia Categoría:Actores de teatro de Rusia Categoría:Directores de cinema da Unión Soviética Categoría:Premio Lenin Categoría:Heroes do Traballo Socialista