Ilse Lieblich Losa, nada en Melle-Buer (Alemaña) o 20 de marzo de 1913 e finada no Porto (Portugal) o 6 de xaneiro de 2006, foi unha escritora e tradutora portuguesa de orixe xudía.

Traxectoria Naceu preto de Hannover filla de Artur Lieblich e de Hedwig Hirsch. Cursou os seus estudos en Osnabrück, Hildesheim e Hannover.

Ameazada pola Gestapo con ser enviada a un campo de concentración debido á súa orixe xudía, abandonou o seu país natal en 1930 coa súa nai e os seus irmáns Ernest e Fritz. Mudouse primeiro a Inglaterra e posteriormente a Portugal, onde chegou en 1934. Estableceuse na cidade do Porto, onde obtivo a nacionalidade portuguesa tras o seu matrimonio en 1935 co arquitecto Arménio Taveira Losa.

En 1943 publicou o seu primeiro libro, O mundo en que vivín, e desde entón dedicou a súa vida á tradución e á literatura infantil e xuvenil. En 1984 recibiu o Grande Prémio Gulbenkian polo conxunto da súa obra dirixida a este público. En 1998 recibiu o Grande Prémio de Crónica, da Associação Portuguesa de Escritores pola súa obra À Flor do Tempo. Colaborou en diversos xornais e revistas, alemás e portuguesas. Traduciu do alemán para o portugués algunhas das máis consagradas obras e autores, entre as que cómpre salientar o Diario de Ana Frank.

O 9 de xuño de 1995 foi nomeada Comendadora da Ordem do Infante D. Henrique.

Traducido ao galego: Río sen ponte (2019), Hécules Ed. Tradución de Anxo Tarrío. ISBN 978-84-18966-12-5.

Notas

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Personalidades do xudaísmo de Portugal Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en 1913 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Escritores de literatura infantil de Portugal Categoría:Escritores de literatura infantil de Alemaña Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Novelistas de Portugal Categoría:Novelistas de Alemaña