María Teresa Mallada de Castro, nada en Ayer o 14 de xaneiro de 1973, é unha enxeñeira de minas e política asturiana do Partido Popular. Foi presidenta da empresa pública estatal Hunosa entre os anos 2012 ao 2018 e é profesora asociada da Universidade de Oviedo. É a candidata á presidencia do Principado polo seu partido nas eleccións autonómicas de 2019.
Traxectoria Licenciouse en enxeñería de minas e obtivo o doutoramento pola Universidade de Oviedo. Traballou en Hunosa, onde exerceu nos departamentos de medio ambiente e de enxeñería e proxectos, e mais tamén foi enxeñeira auxiliar dos pozos Carrio e María Luisa, desempeñando a máxima responsabilidade na organización do traballo de ambas as dúas explotacións mineiras. Dende febreiro de 2012 ata xullo de 2018 foi presidenta de Hunosa, converténdose na persoa máis nova e primeira muller en ocupar o posto. Tamén é membro do consello de administración de Hunosa en representación da Xunta Xeral.
Alén do seu traballo en Hunosa, exerce como profesora asociada do departamento de administración de empresas da Universidade de Oviedo, é conselleira xeral de Liberbank, presidenta da Sociedad Asturiana de Diversificación Minera (Sadim) e mais da Sociedad para el Desarrollo de las Comarcas Mineras (Sodeco).
Política Foi unha das fundadoras de Nuevas Generaciones no seu concello natal de Ayer, a súa presidenta e mais tamén exerceu concelleira de Ayer. Nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 ocupou o noveno posto na lista do Partido Popular pola circunscrición central. En xaneiro de 2019 o seu partido designouna como a candidata á presidencia de Asturias.
Notas
Categoría:Nados en Ayer Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Concelleiros de Asturias Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo Categoría:Enxeñeiros de España