Keno Don Hugo Rosa, coñecido polo nome artístico Don Rosa, nado en Louisville o 29 de xuño de 1951, é un guionista e deseñador estadounidense de historias en banda deseñada, considerado o sucesor artístico de Carl Barks.
En 1987, comezou a escribir as historias de banda deseñada de Disney do Pato Donald para as editoras Gladstone e Egmont, con énfase no Scrooge McDuck.Omelete entrevista: Keno Don Rosa
Entre as obras de maior importancia está The Life and Times of Scrooge McDuck, que mostra, segundo os feitos e os datos presentados durante toda a obra de Carl Barks, como conseguiu facer a personaxe a súa fortuna.
É considerado o herdeiro artístico de Carl Barks, e acostuma facer continuacións directas de historias do mesmo.
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana