miniatura|250px|O gran menhir de Dol-de-Bretagne, Francia.
Un monólito é un bloque de rocha de gran tamaño, composto dun só elemento. monólito no Dicionario da RAG.
Etimoloxía O termo monólito é un cultismo calcado do adxectivo latino monolithus, 'constituído por unha soa pedra', á súa vez calcado do grego antigo μονόλιϑος monólithos, formado polo elemento μόνο-, de μόνος mónos, 'un só', e λίθος líthos, 'pedra'. Literalmente 'unha soa pedra'. O termo entrou nas linguas modernas en 1829, a partir do francés monolithe.monolith no Online Etymoogy Dictionary.
Tipos Utilízase este termo para referirse tanto aos monólitos de orixe natural —un accidente o trazo xeomorfolóxico, similar a unha montaña— como aos realizados polo ser humano, que ou ben os tallou como monumentos, ou ben extraeu boques pétreos das canteiras desde a antigüidade para construílos.
Os monólitos naturais están formados por unha única rocha individual, que a erosión normalmente deixou exposta e que, na súa maioría, é unha rocha metamórfica dura e sólida.
Na cultura popular A referencia cultural máis coñecida é o estraño monólito negro de orixe extraterrestre do filme 2001: Unha odisea do espazo de Stanley Kubrick, que formaba parte dunha rede informática establecida por unha civilización extraterrestre para realizaren o seguimento dun experimento evolutivo que finalmente culminou na humanidade na Terra.
Por outra parte, na película Stalker, de Andrei Tarkovsky, hai unha importante referencia a un monólito do recinto da planta nuclear de Chernóbil, capaz de realizar os maiores desexos do home.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Menhir Megálito
Ligazóns externas 14 Largest Monoliths in the World .
Categoría:Tipos de monumentos Categoría:Xeomorfoloxía