miniatura|O aminoácido L-lisina.
A vía do α-aminoadipato é unha vía metabólica para a síntese do aminoácido L-lisina. Nos eucariotas esta vía é exclusiva dos fungos superiores (que conteñen quitina nas súas paredes celulares) e os euglénidos. Tamén se atopou nas bacterias do xénero Thermus.
Vía metabólica
O homocitrato é inicialmente sintetizado a partir de acetil-CoA e 2-oxoglutarato pola homocitrato sintase. Este é despois convertido en homoaconitato pola homoaconitase e despois a homoisocitrato pola homoisocitrato deshidroxenase. Un átomo de nitróxeno engádese desde o glutamato pola aminoadipato aminotransferase para formar o α-aminoadipato polo cal esta vía recibe o seu nome. Este despois é reducido pola aminoadipato redutase por medio do intermediario acil-enzima a un semialdehido. A reacción co glutamato catalizada por unha clase de sacaropina deshidroxenase rende sacaropina, que é despois clivada por unha segunda sacaropina deshidroxenase para formar lisina e oxoglutarato.
Ácido alfa-aminoadípico
O ácido α-aminoadípico (ou alfa-aminoadipato se está desprotonado) é un aminoácido intermediario na vía do α-aminoadipato para o metabolismo da lisina e a sacaropina. É sintetizado a partir do homoisocitrato pola aminoadipato aminotransferase e reducido pola aminoadipato redutase para formar o semialdehido.
Un estudo de 2013 identificou ácido α-aminoadípico (ácido 2-aminoadípico) como un "novo preditor do desenvolvemento da diabetes" e suxeriu que é "un potencial modulador da homeostase da glicosa en humanos".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ácido adípico
Categoría:Metabolismo Categoría:Aminoácidos