A Conferencia Oeste (en inglés Western Conference, e en francés Conférence de l'Ouest) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Oeste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Clarence Campbell, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 15 equipos agrupados en dúas divisións: a Pacific Division e a Central Division. O campión da conferencia recibe o Clarence S. Campbell Bowl.
Historia Orixes: West Division (1967-74) En 1967, despois de 24 anos con seis equipos na liga, a NHL decidiu aumentar o número de equipos a doce. Todos os novos equipos quedarían na West Division, e os play-offs separados garantían que sempre un dos equipos, que gañaría o Clarence S. Campbell Bowl, xogaría a final da liga contra un dos "Original Six" que quedaron na East Division. Porén, tres derrotas seguidas dos St. Louis Blues fixeron á liga mudar na tempada 1970-71 para que as semifinais foran cruces entre equipos do Leste e do Oeste. No mesmo ano, a adición de dous novos equipos na liga fixo que un dos orixinais, os Chicago Black Hawks, mudásense ao Oeste. Finalmente, na Tempada 1972-73 da NHL o Atlanta Flames uniuse á liga.
Equipos Philadelphia Flyers (1967–74) Los Angeles Kings (1967–74) St. Louis Blues (1967–74) Minnesota North Stars (1967–74) Pittsburgh Penguins (1967–74) California Seals (1967), Oakland Seals (1967–70), California Golden Seals (1970–74) Chicago Black Hawks (1970–74) Atlanta Flames (1972–74)
Conferencia Campbell (1974-93) Na tempada 1974-75, tívose en conta a xeografía norteamericana para un realiñamento dos equipos. O Oeste pasaría a denominarse Conferencia Campbell, en homenaxe ao presidente da NHL responsable polo aliñamento, Clarence S. Campbell. A conferencia tería dúas divisións, Patrick (en homenaxe a Lester Patrick, adestrador dúas veces campión cos New York Rangers) e Smythe (en homenaxe a Conn Smythe, expropietario dos Toronto Maple Leafs). Orixinalmente, todos os equipos reorganizáronse nos playoffs segundo o rendemento da tempada regular (con excepción dos catro gañadores da división, que se converteron en cabezas de chave).
1974-1981
Patrick Boston Bruins (1974-1981) Buffalo Sabres (1974-1981) California Golden Seals (1974-76), Cleveland Barons (1976-78), Minnesota North Stars (1978-1981) Quebec Nordiques (1979-1981) Toronto Maple Leafs(1974-1981)
Smythe Chicago Black Hawks (1974-1981) Edmonton Oilers (1979-1981) Kansas City Scouts (1973-76), Colorado Rockies (1976-1981) Minnesota North Stars (1973-78, fusión coa Cleveland Barons tomou o lugar dese equipo na outra división) St. Louis Blues (1974-1981) Vancouver Canucks (1974-1981) Winnipeg Jets (1979-1981)
1981–1993 En 1981 realizouse un novo realiñamento xeográfico, tentando reducir os gastos en desprazamentos, facendo que cada conferencia xogara entre si, co Clarence S. Campbell Bowl sendo entregado ao campión da conferencia homónima. As divisións do oeste pasaron a ser Smythe e Norris (coa Patrick pasando para á outra conferencia).
Smythe Calgary Flames (1981–1993) Colorado Rockies (1981-82, en 1982 trasladouse a Patrick como New Jersey Devils) Edmonton Oilers (1981–1993) Los Angeles Kings (1981–1993) San Jose Sharks (1991-93) Vancouver Canucks (1981–1993) Winnipeg Jets (1982-1993)
Norris Chicago Black Hawks (1981–1993) Detroit Red Wings (1981–1993) Minnesota North Stars (1981–1993) St. Louis Blues (1981–1993) Tampa Bay Lightning (1992–1993) Toronto Maple Leafs (1981–1993) Winnipeg Jets (1980-81)
Leste e Oeste En 1993, xa cunha liga de 24 equipos e cunha nova expansión á vista, realizouse un realiñamento que rebautizou ás conferencias e divisións con nomes xeográficos.
1993-1998
Central Division Chicago Blackhawks Dallas Stars Detroit Red Wings St. Louis Blues Toronto Maple Leafs Winnipeg Jets (1993-1996), Phoenix Coyotes (1996-1998)
Pacific Division Mighty Ducks of Anaheim Calgary Flames Colorado Avalanche (1995-1998) Edmonton Oilers Los Angeles Kings San Jose Sharks Vancouver Canucks
1998-2012 Coa entrada dos Nashville Predators, os equipos foron realiñados en seis divisións nas dúas conferencias.
Central Division Chicago Blackhawks Columbus Blue Jackets (2000-2012) Detroit Red Wings Nashville Predators St. Louis Blues
Northwest Division Calgary Flames Colorado Avalanche Edmonton Oilers Minnesota Wild (2000-2012) Vancouver Canucks
Pacific Division Mighty Ducks of Anaheim (1998-2006), Anaheim Ducks (2006-2012) Dallas Stars Los Angeles Kings Phoenix Coyotes San Jose Sharks
Realiñamento de 2013 Despois da mudanza dos Atlanta Thrashers a Winnipeg viuse a necesidade dun novo realiñamento. Sumando as reclamacións sobre os gastos de viaxes e horarios televisivos prexudiciais causados por diferenzas de fusos horarios, a NHL decidiu realiñar as conferencias en dúas divisións, conservando os nomes Pacific e Central. Os novos Winnipeg Jets reubicáronse no Oeste, mentres que os Detroit Red Wings e os Columbus Blue Jackets pasaron ao Leste, que pasou a ter 14 equipos.
Pacific Division Central Division Anaheim Ducks Chicago Blackhawks Calgary Flames Colorado Avalanche Edmonton Oilers Dallas Stars Los Angeles Kings Minnesota Wild Phoenix Coyotes Nashville Predators San Jose Sharks St. Louis Blues Vancouver Canucks Winnipeg Jets Vegas Golden Knights (2017)
Campións do Clarence S. Campbell Bowl A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende que se creou o Clarence S. Campbell Bowl en 1967. En letra grosa o campionatos conseguidos dende que o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Oeste, e dicir, os acadados dende 1974:
NºTítulosEquipoCampionatos7 Chicago Blackhawks 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1991–92, 2009–10, 2012–13, 2014–157 Edmonton Oilers1982–83, 1983–84, 1984–85, 1986–87, 1987–88, 1989–90, 2005–066 Detroit Red Wings1994–95, 1996–97, 1997–98, 2001–02, 2007–08, 2008–096 Philadelphia Flyers1967–68, 1973–74, 1974–75, 1975–76, 1976–77, 1979–803 Calgary Flames1985–86, 1988–89, 2003–043 Dallas Stars1990–91, 1998–99, 1999–20003 Los Angeles Kings1992–93, 2011–12, 2013–143 New York Islanders1977–78, 1978–79, 1980–813 Vancouver Canucks1981–82, 1993–94, 2010–112 Anaheim Ducks2002–03, 2006–072 Colorado Avalanche1995–96, 2000–012 St. Louis Blues1968–69, 1969–701 Nashville Predators2016–171 San Jose Sharks2015–161 Vegas Golden Knights2017–18
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia da NHL
Categoría:National Hockey League