O faro de cabo Prioriño é un faro situado no cabo Prioriño, na parroquia de Doniños, no concello de Ferrol. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Historia Trátase dunha torre hexagonal, con farol e galería, construída en 1854 fronte a unha portería de cachotería dunha planta. A torre é de pedra sen pintar e a casa está pintada de branco con pedra vista sen pintar. A cúpula da lanterna está pintada de branco. Este faro eríxese ao final da península a 15 km ao suroeste de Ferrol, marcando a entrada á ría de Ferrol e o achegamento ao porto de Ferrol.
O faro resultou moi danado por actos vandálicos en 1990 e quedou fóra de servizo durante varios meses. En 1995 o sistema óptico substituíuse por unha lente de Fresnel acrílica e a súa fonte de enerxía converteuse de novo en enerxía eléctrica.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de faros de Galicia
Categoría:Ferrol Categoría:Faros da provincia da Coruña