Mutilator Defeated at Last é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock psicodélico Thee Oh Sees, publicado o 18 de maio de 2015 a través do selo Castle Face Records. É o seu décimo disco baixo o nome de Thee Oh Sees.
O álbum é o primeiro en contar co baixista Tim Hellman e o único en contar co batería Nick Murray; ámbolos dous uníronse á banda para xirar na promoción do seu anterior traballo, Drop (2014). O traballo tamén conta co colaborador habitual Chris Woodhouse, listado entre os membros principais da banda, e co antigo membro Brigid Dawson.
En febreiro de 2016 a banda publicou dúas cancións inéditas das sesións de gravación do álbum, "Fortress" e "Man in a Suitcase".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Thee Oh Sees Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Castle Face Records