Japanese Breakfast é un proxecto musical en solitario da músico estadounidense-coreana Michelle Zauner. Baixo este alias Zauner leva publicados dous álbums de estudio, Psychopomp (2016) e Soft Sounds from Another Planet (2017).

O nome da banda, segundo Zauner, é unha xustaposición do exotismo asiático e da cultura estadounidense. Zauner elixiu o nome porque "medrou relacionándose bastante coa cultura xaponesa debido a que a sentía como o máis próximo que tiña" á cultura coreana nos Estados Unidos.

En 2014 regresou á súa cidade natal de Eugene, Oregón, para coidar da súa nai enferma. Continuou gravando cancións, primeiro para afrontar o estrés e despois, tras a morte da nai, para afrontar a dor. Esas cancións acabarían converténdose no álbum de estrea de Japanese Breakfast, Psychopomp, editado en 2016 polo selo Yellow K Records.

Discografía ÁlbumAnoSeloPsychopomp2016Yellow K, Dead OceansSoft Sounds from Another Planet2017Dead OceansJubilee2021Dead OceansFor Melancholy Brunettes (and Sad Women)2025Dead Oceans

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Oregón Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de pop experimental Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2013