Unha estrela subxigante é unha clase de estrela que é máis brillante que unha anana da secuencia principal, pero non tanto como unha xigante propiamente dita. Características As estrelas subxigantes terminaron a fusión do hidróxeno nos seus núcleos. Nesta etapa, se os astros teñen unha masa solar de 1 MSol, o centro contráese, provocando que a súa temperatura aumente o suficiente como para trasladar a fase de fusión de hidróxeno a unha capa que rodea o núcleo. Por conseguinte, a estrela expándese, completando un paso máis cara á súa transformación nunha xigante vermella.
Ao comezo da fase de suxgigante (como é o caso de Procyon A), o diámetro e a luminosidade aumentan, pero a estrela en si arrefriarase un pouco ou cambiará de cor significativamente. As subxigantes que están máis próximas a converterse en xigantes terán diámetros máis grandes e temperaturas máis baixas que outras estrelas da secuencia principal de masa similar.
Na clasificación espectral de Yerkes, a súa luminosidade é de clase IV.
Estrelas subxigantes máis próximas ao sistema solar NomeDenominación de BayerTipo espectralMasa (soles)Distancia (anos luz)NotasProcyonAlfa Canis MinorisF5 IV-V1,4211,4Subxigante?AltairAlfa AquilaeA7 IV-V1,716,7Subxigante?Delta PavonisG5-8 IV-V1,1719,9Subxigante?Beta HydriG2 IV1,124,4Mu Herculis AaG5 IV1,127,4RaDelta EridaniK0 IVe1,229,5Rutilicus AaZeta HerculisF9-G2 IV1,535,2Zavijava ABeta VirginisF8-A5 IV-V1,3-1,435,6Subxigante?11 Leonis MinorisG8 IV-V0,8636,5Subxigante?Mufrid AEta BootisG0 IV1,6-1,737,0Deneb Algedi ADelta CapricorniA5-7 IVm> 138,6
Véxase tamén Outros artigos Clasificación estelar Evolución estelar Diagrama de Hertzsprung-Russell
Ligazóns externas Giant and subgiant stars within 100 ly (Solstation) Subgiant - The internet Encyclopedia of Science
Categoría:Estrelas subxigantes