Madison Wolfe, nada en Metairie, Luisiana o 4 de outubro de 2002, é unha actriz estadounidense. Fixo o seu debut no cinema no filme dramático On the Road (2012), e na televisión na serie da HBO True Detective (2014). Protagonizou o filme de terror Expediente Warren: O caso Enfield (2016), e interpretou a Barbara Thorson no filme de fantasía I Kill Giants (2017).

A irmá de Wolfe, Meghan, tamén é actriz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na parroquia de Jefferson, Luisiana Categoría:Actores dos Estados Unidos de América