A ruptura da presa de Brumadinho foi un desastre ambiental que ocorreu no municipio brasileiro de Brumadinho, a 65 km da capital mineira, Belo Horizonte, a comezos de 25 de xaneiro de 2019. Rompeuse unha represa de minería controlada pola compañía Vale SA, construída sobre a beira do río Ferro-Carvãohttps://biblioteca.ibge.gov.br/visualizacao/mapas/GEBIS%20-%20RJ/SF-23-X-A-II-2.jpg na localidade de Córrego do Feijão.

O accidente ocorreu só tres anos despois do desastre da represa de residuos mineiros de Mariana, a menos de 200 quilómetros de Brumadinho, que tamén era controlada por Vale en conxunción con BHP Billiton. O presidente de Vale, nunha conferencia de prensa, sinalou que, a diferenza de Mariana, na traxedia de Brumadinho "o dano humano será maior".

Notas

Categoría:Estado de Minas Xerais Categoría:Accidentes Categoría:2019