O programa Copérnico, Copernicus, anteriormente chamado Global Monitoring for Environment and Security (GMES), é un proxecto creado conxuntamente pola Axencia Espacial Europea (ESA) e pola Unión Europea a través da Axencia Europea do Medio Ambiente, que pretende lograr unha completa, continua e autónoma capacidade de observación terrestre de alta calidade con resultados accesibles libremente pola comunidade científica ou calquera outra persoa interesada. Un dos servizos que ofrece é o Servizo de Cambio Climático Copernicus (C3S), centrado no monitoreo e proxeccións climáticas. O obxectivo xeral é prover de información exacta, fiable e continua, para, entre outras cousas, mellorar a xestión e conservación do medio ambiente, comprender e mitigar os efectos do cambio climático e asegurar a seguridade civil. Pretende agrupar diferentes fontes de información, satélites ambientais e bases terrestres, para proporcionar unha visión global do "estado de saúde" da Terra.
alt=Foto da península italiana e Mediterráneo tomada polo satélite Sentinel-3A coa súa cámara para oceano e terra. A súa amplitude de toma é de 1270 km.|miniatura|Foto da península italiana e Mediterráneo tomada polo satélite Sentinel-3A coa súa cámara para océano e terra. A súa amplitude de toma é de 1270 km. O custo do programa de 1998 a 2020 estímase en 6700 millóns de euros, dos que uns 4300 M€ pertencen ao período 2014-2020 e serán compartidos entre a UE (2/3) e a ESA (1/3), cuns beneficios estimados en 30 000 millóns de euros para 2030. A ESA, como patrocinador principal, levou a cabo a maior parte do deseño, e supervisa e cofinancia o desenvolvemento das misións Sentinel, que consisten en polo menos dous satélites cada unha. O programa tamén proverá os instrumentos MTG (Meteosat de Terceira Xeración) e o MetOp-SG (Meteorological Operational Satellite - Second Generation), que forman parte da EUMETSAT. A ESA e a EUMETSAT coordinaranse para recoller información dun total duns 30 satélites para contribuír ao programa Copérnico.
A información xeoespacial proporcionada por Copérnico pode ser agrupada en seis temas interactivos:
A Terra Os océanos O tratamento de emerxencias A atmosfera A seguridade O cambio climático
Os dous últimos foron anunciados durante o Forum GMES en Lille en setembro de 2008.
O programa Copérnico apóiase en tres alicerces:
A compoñente espacial: o conxunto de satélites, xunto coa súa infraestrutura terrestre, que agrupa as 6 misións Sentinel e misións doutras axencias. As medidas sobre o terreo (rede de información terrestre e aerotransportada que colleita información sobre os océanos, a superficie dos continentes e a atmosfera). Os servizos ós usuarios.
Historia Envisat foi precedido dos dous satélites baixo a denominación de ERS, European_Remote_Sensing_satellite.
Durante décadas, institucións nacionais e europeas fixeron un esforzo substancial en I+D no campo da observación terrestre. Estes esforzos fixeron posibles grandes logros durante moito tempo, pero sempre estaban suxeitos ás limitacións das actividades I+D (por exemplo falta de soporte a longo prazo). A idea de sistema global e continuo de observación terrestre foi desenvolvida baixo o nome de Global Monitoring for Environment and Security (GMES), posteriormente renomeado como Copérnico despois de que a Unión Europea comezase a financiar e desenvolver o programa.
Entre 2014 e 2015 entrou na fase operacional. A clave para comezar coas operacións de Copérnico foi ter unha estrutura gobernamental e un modelo de negocio apropiado que apoie a continuidade e sostibilidade destes servizos. O programa Copérnico foi pasando de I+D a un servizo operacional nunha serie de pasos:
2008 - 2010: servizos preoperacionais 2011 - 2013: operacións iniciais Dende 2014: servizos operacionais
A seguinte lista amosa acontecementos importantes na historia do programa:
19 de maio de ]: as institucións que participan no desenvolvemento das actividades espaciais en Europa dan a luz a GMES a través dunha declaración coñecida como "O Manifesto de Baveno". Nese momento, GMES significa "Monitoreo Global para a Seguridade Ambiental". 1999: o nome é cambiado a "Monitoreo Global para o Medio Ambiente e a Seguridade", debido a que a Administración do Medio Ambiente da UE tamén ten implicacións en materia de seguridade. 2001: co motivo do Cume de Gotemburgo, os Xefes de Estado e de Goberno solicitan que "a Comunidade contribúa a establecer, para 2008, unha capacidade europea de supervisión mundial do medio ambiente e seguridade". Outubro de 2002: a natureza e o alcance da compoñente "Seguridade" de GMES defínense como a prevención e resposta ás crises relacionadas co risco natural e tecnolóxico, a axuda humanitaria e a cooperación internacional, o seguimento do cumprimento dos tratados internacionais de prevención de conflitos, as tarefas de mantemento da paz e a vixilancia das fronteiras da UE. Febreiro de 2004: a comunicación da Comisión "GMES: Establecemento dunha capacidade GMES para 2008" introduce un Plan de Acción destinado a establecer unha capacidade GMES activa para 2008. En 2004 tamén se asina un Acordo Marco entre a UE e a ESA, proporcionando así a compoñente espacial de GMES. Maio de 2005: a comunicación da Comisión "GMES: do concepto á realidade" establece as prioridades para a implantación dos servizos GMES en 2008, centrándose inicialmente nos servizos de vixilancia da terra, vixilancia marítima e resposta a emerxencias, tamén coñecidos como Fast Track Services (FTS). Espérase que os servizos posteriores, tamén coñecidos como Servizos Piloto, aborden o seguimento da atmosfera, a seguridade e o cambio climático. Xuño de 2006: a CE establece a Mesa GMES, co principal obxectivo de asegurar a fiscalización dos servizos prioritarios para 2008. Outros obxectivos desta Mesa son abordar as cuestións da estrutura de goberno de GMES e a sostibilidade financeira a longo prazo do sistema. Maio de 2007: adopción da Comunicación de Política Espacial Europea, recoñecendo a GMES como referente da Política Espacial. Setembro de 2008: lanzamento oficial dos tres servizos FTS e dous servizos Piloto na súa versión preoperacional con motivo do GMES Forum celebrado en Lille, (Francia). Novembro de 2008: a Comunicación da Comisión "GMES: Preocupámonos por un planeta máis seguro" establece unha base para futuros debates sobre o financiamento, a infraestrutura operacional e a xestión eficaz de GMES. Maio de 2009: a proposta de Regulamento da Comisión sobre o programa europeo de observación da Terra (GMES) e as súas operacións iniciais (2011-2013) propón unha base xurídica para o programa GMES e o financiamento comunitario das súas operacións iniciais. Novembro de 2010: entra en vigor o Regulamento sobre "o Programa Europeo de Observación da Terra (GMES) e as súas operacións iniciais (2011-2013)". Xuño de 2011: a Comisión presenta a súa proposta para o próximo marco financeiro plurianual (MFP) correspondente ao período 2014-2020 (co lema "Un orzamento para Europa 2020"). Neste documento, a Comisión propón prever o financiamento do programa GMES fóra do marco financeiro plurianual despois de 2014. Novembro de 2011: A Comisión de Comunicacións sobre o GMES e as súas operacións (a partir de 2014)" presenta as propostas da Comisión para o futuro financiamento, goberno e funcionamento do programa GMES para o período 2014-2020. A Comisión propón a creación dun fondo GMES específico, similar ao modelo elixido para o Fondo Europeo de Desenvolvemento, con contribucións financeiras de todos os Estados membros, sobre a base da súa Renda Nacional Bruta (RNB). Decembro de 2012: a Comisión anuncia o cambio de nome a Copérnico. Outubro de 2014: a ESA e a Comisión Europea establecen un orzamento para o Programa Copérnico cubrindo os anos 2014-2020 dentro do marco financeiro plurianual. O orzamento achega un total de 4300 millóns de euros, incluídos 3150 millóns de euros para a ESA para cubrir as operacións da rede de satélites e a construción dos restantes satélites. Xaneiro de 2019: anuncio dun aumento do financiamento (96 M€) por acordo coa UE, acadando 3,24 mil millóns de € para o período 2014–21. Febreiro de 2023: Participación para a recuperación dun dos maiores meteoritos dos arredor de 45 000 recuperados na Antártida no último século (7,6 kg), en colaboración co Real Instituto Belga de Ciencias Naturais.
Misións de observación terrestre
Misións Sentinel A Axencia Espacial Europea está na actualidade desenvolvendo 6 (+1) misións baixo o programa Sentinel. As misións Sentinel inclúen observacións por radar e imaxes de amplo espectro para a vixilancia de continentes, océanos e a atmosfera. Cada misión Sentinel está constituída por 2 satélites para asegurar que cobren o establecido para cada misión, xerando unha robusta base de dados para os servizos Copernicus. É unha colaboración entre ESA, NASA, Eumetsat e a NOAA, con contribución da axencia espacial francesa CNES.
Resumo dos obxectivos das misións Sentinel:
Sentinel 1 Sentinel-1 prové as imaxes de radar para a información meteorolóxica durante o día e a noite nos continentes e océanos. O primeiro, Sentinel-1A, foi lanzado con éxito o 3 de abril de 2014 pola axencia Arianespace nun foguete espacial Soiuz, desde o porto espacial de Kourou. O segundo, Sentinel-1B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2016. Xa están contratados os dous seguintes (1C e 1D), que substituirán ós dous primeiros (1A e 1B). De xeito recente (2019) foi usado para seguir a deformación do chan arredor do monte Agung despois da súa última erupción.
A súa vida operativa estaba estimada en sete anos, superando as previsións.
Sentinel 2 Sentinel-2 prové de imaxes ópticas de alta resolución para servizos terrestres (por exemplo, monitorización da vexetación, chan, zonas acuáticas interiores, ríos, lagos, e rexións costeiras). O primeiro, Sentinel-2A, foi lanzado o 23 de xuño de 2015. O segundo, Sentinel-2B, foi lanzado o 7 de marzo de 2017, ambos a bordo do vehículo de lanzamento Vega, desde o Porto espacial de Kourou. Cada satélite transporta unha cámara de alta resolución que toma imaxes da Terra en 13 bandas espectrais, incluído o infravermello. A misión é usada para seguir os cambios no uso da terra e facer seguimento da vexetación. Asemade, ten feito un conxunto de mapas de Europa nunha resolución de 10 m. Ambos satélites están situados en órbitas a uns 800 km de altura.
Sentinel 3 Sentinel-3 prové de servizos globais de monitorización da Terra e os océanos. O primeiro, Sentinel-3A, foi lanzado o 16 de xaneiro de 2016 a bordo dun foguete Rokot desde o Cosmódromo de Plesetsk, en Rusia. O segundo, Sentinel-3B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2018.
Sentinel 4 Sentinel-4 será un espectrómetro nas bandas visible e infravermello próximo, que será montado o satélite Meteosat de 3ª xeración (MTG) e será usado para a monitorización da atmosfera só da zona europea. Desde a súa órbita xeoestacionaria, devolverá datos cada hora sobre gases contaminantes, ozono, radiación ultravioleta e vixilancia climática en xeral. Será lanzado en 2021.
Sentinel 5 precursor (Copernicus Sentinel 5P) Sentinel-5 precursor, conxunto previo ó Sentinel-5, ten como principal obxectivo substituír a falta de datos atmosféricos durante o período comprendido entre a perda do Envisat (en 2012) até a posta en órbita do Sentinel-5 en 2021. Foi lanzado en 2017 como primeiro satélite adicado a facer un seguimento atmosférico e subministrar de xeito regular imaxes da Terra para a detección de emisións. As medidas son tomadas polo espectrómetro Tropomi. En 2020, melloras no tratamento de datos e a coordinación cos datos de Sentinel 2 permiten detectar, cuantificar e atribuír as fontes de metano atmosférico.
Sentinel 5 Sentinel-5 proverá de monitorización da composición atmosférica a nivel global e será embarcado a bordo do satélite MetOp de segunda xeración de EUMESAT, que será lanzado en 2021.
Sentinel 6