Francisco Barreiro Permuy, coñecido como Paragüero, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Ordes o 23 de outubro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria Fillo do fotógrafo Antonio Barreiro Belmonte nado en Nogueira de Ramuín e de Josefa Permuy Agrez natural de Ferrol. Os seus pais instaláronse en Betanzos cara a 1920. Traballou como fotógrafo en Betanzos co seu pai e o seu irmán Ramón. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado con Germán López Pérez. Os seus cadáveres apareceron en Pinar da Torre (Parada, Ordes), no quilómetro 1,9 da estrada a Carballo. O cadáver de Francisco foi identificado en novembro de 1943.
Véxase tamén Bibliografía
Betanzos fotográfico
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos