Excalfactoria adansonii é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das dúas que integran hoxe en día o xénero Excalfactoria,Blue Quail Excalfactoria adansonii (Verreaux, J & Verreaux, E, 1851) na IOC World Bird List (do Congreso Ornitolóxico Internacional). Versión 9.1. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
Esta especie de paspallás habita na África subsahariana.BirdLife International (2016): African Blue Quail Synoicus adansonii na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
Taxonomía Descrición A especie foi descrta en 1851 polos naturalistas e ornitólogos franceses, os irmans Jules Verreaux e Édouard Verreaux, que a designaron Coturnix adansonii.Verreaux, Jules & Verreaux, eda. (1851): "Description d'espèces nouvelles d'oiseaux du Gabon (côte occidentale d'Afrique)". Revue et magasin de zoologie pure et appliquée 2 '3 (11): 513–516.
Etimoloxía Xénero Para a do xénero, véxae Excalfactoria.
Especie O epíteto específico, adansonii, é unha homeaxe ao naturalista francés Michel Adanson.Jobling, James A. (2010): adansonii en The Helhm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. (O nome adansonii quere dicir "de Adanson").
Subespecies Aínda que algúns autores a consideraron como unha subespecie do paspallás chinés, é unha especie independente, que é monotípica, é dicir, que non se recoñece nela ningunha subespecie.
Variacións taxonómicas O xénero foi transferido a Coturnix despois de que este fora descrito por en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre (segundo os autores).Genus taxon summary for Coturnix . AnimalBase.Coturnix Bonnaterre, 1791 no ITIS.
Neste xénero mantívose durante moitos anos, até que recentemento foi recasificado, por algúns autores, no xénero Synoicus e, polo grupo de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, no actualmente válido Excalfactoria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos Perdicinos Excalfactoria
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1851