A Unión Ornitolóxica Internacional (en inglés International Ornithologists' Union), anteriormente coñecida como Comité Ornitolóxico Internacional (International Ornithological Committee), é un grupo que reúne a uns 200 ornitólogos de todo o mundo que é o responsábel de organizar os Congresos Ornitolóxicos Internacionais e outras importantes actividades ornitolóxicas, como a de fixar a clasificación das aves.

Esta organización é membro da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas (International Union of Biological Sciences).

Congreso Ornitolóxico Internacional O Congreso Ornitolóxico Internacional é a maior e máis antiga reunión de ornitólogos. O primeiro congreso realizouse en 1884, e seguiuse celebrando de forma irregular até 1926, desde cando se reúne periodicamente cada catro anos, coa excepción dos dous correspondentes ao período da segunda guerra mundial e á súa inmediata posguerra.

Reunións

1884: Viena, Austria 1891: Budapest, Hungría 1900: París, Francia 1905: Londres, Reino Unido 1910: Berlín, Alemaña 1926: Copenhague, Dinamarca 1930: Ámsterdam, Países Baixos 1934: Oxford, Reino Unido 1938: Rouen, Francia 1950: Uppsala, Suecia 1954: Basel, Suíza 1958: Helsinqui, Finlandia 1962: Ithaca, Nova York, Estados Unidos 1966: Oxford, Reino Unido 1970: A Haia, Países Baixos 1974: Camberra, Australia 1978: Berlín, Alemaña 1982: Moscova, Unión Soviética 1986: Ottawa, Canadá 1990: Christchurch, Nova Zelandia 1994: Viena, Austria 1998: Durban, Suráfrica 2002: Pequín, China 2006: Hamburgo, Alemaña 2010: Campos do Jordão, Brasil 2014: Tokyo, Xapón 2018: Vancouver, Canadá

Véxase tamén Bibliografía Carroll, John Edward: (1990): International environmental diplomacy: the management and resolution of transfrontier environmental problems. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-9564-9. Hoffman, Andrew J. and Marc J. Ventresca, eds. (2002): Organizations, policy and the natural environment: institutional and strategic perspectives. Palo Alto, California, Estados Unidos de América: Stanford University Press. ISBN 978-0-804-74196-5.

Ligazóns externas Web oficial IOC World Bird List Clasificación de la IOC

Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Ornitoloxía