O Congreso Ornitolóxico Internacional (COI), dependente da Unión Ornitolóxica Internacional, é a maior e máis antiga reunión de ornitólogos.
Funcións Entre outras, a principal función desta asemblea é a de fixar a clasificación científica das aves.
Reunións O primeiro congreso realizouse en 1884, e seguiuse celebrando de forma irregular até 1926, desde cando se reúne periodicamente cada catro anos, coa excepción dos dous correspondentes ao período da segunda guerra mundial e á súa inmediata posguerra.
1884: Viena, Austria 1891: Budapest, Hungría 1900: París, Francia 1905: Londres, Reino Unido 1910: Berlín, Alemaña 1926: Copenhague, Dinamarca 1930: Ámsterdam, Países Baixos 1934: Oxford, Reino Unido 1938: Rouen, Francia 1950: Uppsala, Suecia 1954: Basel, Suíza 1958: Helsinqui, Finlandia 1962: Ithaca, Estados Unidos 1966: Oxford, Reino Unido 1970: A Haia, Países Baixos 1974: Canberra, Australia 1978: Berlín, Alemaña 1982: Moscova, Unión Soviética 1986: Ottawa, Canadá 1990: Christchurch, Nova Zelandia 1994: Viena, Austria 1998: Durban, Suráfrica 2002: Pequín, China 2006: Hamburgo, Alemaña 2010: Campos do Jordão, Brasil 2014: Tokyo, Xapón 2018: Vancouver, Canadá
Véxase tamén Bibliografía Carroll, John Edward: (1990): International environmental diplomacy: the management and resolution of transfrontier environmental problems. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-9564-9. Hoffman, Andrew J. and Marc J. Ventresca, eds. (2002): Organizations, policy and the natural environment: institutional and strategic perspectives. Palo Alto, California, Estados Unidos de América: Stanford University Press. ISBN 978-0-804-74196-5.
Outros artigos Unión Ornitolóxica Internacional
Ligazóns externas IOC World Bird List Clasificación da IOC
Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Ornitoloxía