Santiago Otero Pouso, coñecido como Pajares, nado na Illa de Arousa o 26 de xullo de 1898 e finado no mesmo concello o 21 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Emigrou a Arxentina en 1921. Traballou nos xacementos petrolíferos de Comodoro Rivadavia ata 1923 e despois foi axudante segundo da aduana de Río Gallegos. En 1932 regresou a Galicia. Na Illa de Arousa participou da actividade política da República e foi un dos que proclamaron a República Federal da Illa de Arousa, da que foi nomeado presidente. Foi detido o 9 de outubro de 1934, o día 13 todos os detidos foron postos en liberdade acusados dun delito de sedición. Foron procesados e xulgados nun consello de guerra en marzo de 1935, que os absolveu. Tivo un enfrontamento cos armadores cos que traballaba, denunciounos e foron condenados a pagarlle 450 pesetas de indemnización.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado ao cuartel dos gardas cívicos e ameazado de morte e obrigado a entregarlle aos armadores o oficio coa sentenza do preito. Na madrugada do 21 de setembro sacárono da casa e levárono ao cuartel onde o interrogaron; despois sacárono do cuartel, matárono e fondeárono. O 11 de outubroOutras fontes afirman que foi o día 6. apareceu un cadáver flotando na praia dos Testos; avisado o xefe da Garda Cívica, Benito Figueiras, e acompañado de dous “cívicos”, colleron a barca dun pescador, atáronlle ao cadáver un poste de pedra máis grande e fondeárono de novo en mar aberto.
Vida persoal
Casou con Josefa Arís e tiveron catro fillas e un fillo: Fina, Máximo, Juana, Dora (estas dúas nadas xa na Arxentina) e unha pequena que finou de tuberculose. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pandulleiros: República independente por un día.
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas de Galicia
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados na Illa de Arousa
Categoría:Nados en 1898
Categoría:Finados en 1936