Perdix perdix hispaniensis é unha das oito subespecies de Perdix perdix, a perdiz charrela, ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, pertencente ao xénero Perdix.

Taxonomía Descrición A subespecie foi descrita en polo ornitólogo alemán Anton Reichenow,Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS. en Ber. Marz-Sitz. Deutsche Orn. Ges., p. 5.

Nota taxonómica Aínda que o nome oficial da subespecie é hispaniensis Reichenow, 1892, cómpre salientar que López Seoane estudou antes (1891) a forma galaica, á que lle deu a denominación charrela que, inexplicablmente (ou talvez non) foi ignorada, e debe ser reivindicada.López Seoane, V. (1894): Examen crítico de las perdices de Europa, particularmente de las de España, y descripción de dos nuevas formas en Galicia. A Coruña: Imprenta V. Abad, 33 pp.

Distribución A súa área de distribución abarca o nordeste de Portugal e o norte de España.

Distribución en Galicia A perdiz charrela é unha das dúas especies de perdices que se encontran en Galicia (a outra é a perdiz rubia). A subespecie Perdix perdix hispaniensis é propia das zonas montañosas do noroeste da Península Ibérica, onde é sedentaria, con movementos altitudinais por mor da climatoloxía extrema. En Galicia é pouco común, e ademais a súa poboación está dimiuíndo nos últimos anos (Noval afirma que cada vez é máis escasa nos montes do norte de Iberia),Noval, A. (1975): El ibro de la fauna Ibérica. Oviedo: Ed. Naranco. limitándose ás serras orientais do país, onde se pode encontrar en altiutudes a partir dos 1 200 msnm, nos Ancares, o Courel, Cabeza de Manzaneda serra do Eixe, serra Calva e zonas próximas. (Ver mapa).

Características Os espécimes que viven en Galicia miden 30 cm. Ambos os sexos son semellantes. A cabeza, a cara e as plumas rectrices externas, son de cor rubia, o pescozo e o peito, de cincenta, as costas son cincentas coon riscas de cores castaña e branca, e no ventre presentan unha gran mancha parda escura en forma de ferradura sobre fondo branco. Os inmaturos e algunhas femias carecen desta "ferradura", ou é moi tenue e case non se lles aprecia. As patas dos adultos son cincentas, e s dos inmaturos, amarelas.

Bioloxía Alimentación Aliméntase de sementes, follas e bagas de diferentes vexetais. Consome grandes cantidades de agróns e gramíneas. En novembro e decembro, en Galicia, os arandos a base da súa dieta. Pero tamén comen insectos, (saltóns, formigas, etc.) e outros invertebrados (como miñocas, caracois e diversas larvas).

Reprodución Aniñan e depresións do solo, ao abeiro de matogueiras, peferentemente carqueixas. En Galicia aniñan entre finais de maio e xuño. A niñada consta de 12 a 14 ovos, aínda que pode chegar a 12, ou de 10 a 20, segundo Iglesias.Iglesias, L. (1952): Fauna de Galicia. Aves de Galicia III. Santiago de Compostela: Publ. Univ. Santiago, 68 pp. Os ovos, de cor amarela verdosa, son chocados pola femia durante 23-26 días. Os polos son nidífugos e poden voar aos 15 días de naceren. O macho, despois do nacemento dos polos, axuda á femia no coidado e a mantenza deles.

Notas

Véxase tamén Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3. Penas Patiño, X. M. e E. Dapía Sanchez (1995): "Perdix perdix (Linn.) Perdiz charrela". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.

Outros artigos Perdices Perdix Perdix perdix

Ligazóns externas Perdix perdix hispaniensis Reichenow 1892 na EOL.

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de Galicia