O voo 6437 de Taban Air era un servizo regular doméstico que se esnafrou en Mashhad, Irán o 24 de xaneiro de 2010. As 170 persoas a bordo escaparon do avión incendiado sen que houbeses vítimas mortais. A meirande parte dos pasaxeiros era peregrinos regresando tras visitar lugares sagrados en Iraq.
Avión O aparello implicado no accidente era un Tupolev Tu-154M. Tiña o rexistro RA-85787 e voara por vez primeira no ano 1993.
Accidente O voo 6437 estaba sendo operado por Kolavia en nome de Taban Air. Saíra de Abadán e foi desviado a Isfahán debido á mala visibilidade en Mashhad. Cando a visibilidade mellorou o avión engalou outra vez, pero deteriorouse antes de que o voo 6437 puidese aterrar. Mantívose ao avión en espera preto do aeroporto de Mashhad cando un pasaxeiro se puxo seriamente enfermo. A tripulación declarou unha emerxencia médica. Os pilotos decidiron aterrar en Mashhad facendo unha aproximación ILS á pista 31R a pesar da pouca visibilidade. Durante a aterraxe a cola golpeou o chan causando que o avión se desviase fóra da pista, o tren do morro colapsou, a á dereita golpeou o chan e o avión incendiouse. Todos os pasaxeiros e tripulantes sobreviviron resultando 47 deles feridos.
Notas
Taban Air 6437 Taban Air Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2010