Estanislao Cantero Izquierdo, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Arxentina, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Zapateiro e militante do PCE. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Valencia. Alistouse como voluntario e loitou no bando republicano na fronte asturiana ata a súa caída en 1937. Detido ao rematar a guerra, estivo preso no campo de concentración de Miranda de Ebro. Despois foi enviado a un batallón de traballadores. Cando o puxeron en liberdade instalouse en Vigo e foi nomeado secretario xeral do comité provincial de Pontevedra do PCE. Secretario xeral da Unión Nacional Española de Vigo, foi detido a principios de 1945, procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo.
Logrou fuxir e integrouse no destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que loitaba na comarca de Vigo baixo as ordes de Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes. Foi procesado con Víctor García García, Teófilo Fernández Canal e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña.La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2. O 28 de setembro de 1946 participou nun atraco en Gaxate.
Despois da morte de Manuel Simón e Avelino Otero en maio de 1947 desfíxose o grupo. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla e Eugenio Rueda Perosanz.El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2. Logrou fuxir á Arxentina onde fundou unha familia e morreu a unha avanzada idade.
Vida persoal
Casou en Vigo con María Bello Torres en novembro de 1943.El Pueblo Gallego, 18-11-1943, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes