Antonio Suárez Blanco, coñecido como Coruña, nado en Malpica de Bergantiños o 6 de maio de 1907, foi un sindicalista galego.
Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.
Patrón de pesca. Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. Deportado a Mauthausen, onde ingresou o 25 de xaneiro de 1941 procedente de Trier, foi trasladado a Gusen o 8 de abril dese ano. Liberado o 5 de maio do 1945. Presentouse en 1948 no consulado de Nova York. Alcanzoulle o indulto de 1945. Entregouse na Coruña en xaneiro de 1949 e foi condenado a 6 anos de prisión en xullo. En abril de 1951 foi indultado da totalidade da pena.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes