A calumnia (en , tamén chamado The Loudest Whisper no Reino Unido) é un filme estadounidense de 1961 de William Wyler. O guión foi escrito por John Michael Hayes, e baséase na obra homónima de Lillian Hellman. Está protagonizado por Audrey Hepburn, Shirley MacLaine e James Garner.
Estreouse en galego o 23 de novembro de 1994 a través da TVG.La Voz de Galicia, 23 de novembro de 1994. Páx. 71
Sinopse Karen e Martha son dúas amigas e socias que dirixen a escola Dobie-Wright, escola privada para rapazas. Karen está prometida co doutor Joe Cardin, con que pretende casar axiña, aínda que Martha, que non quere estar soa á fronte da escola, insiste en que atrase a voda.
Unha alumna rancorosa e vingativa, ofendida por un castigo que recibiu, oe por casualidade un comentario e emprégao distorsionándoo ante a súa avoa, acusando ambas as profesoras de seren amantes. O escandaloso rumor esténdese rapidamente entre os pais e os titores, e en vinte e catro horas a escola queda sen alumnas.
Personaxes Shirley MacLaine como Martha Dobie Audrey Hepburn como Karen Wright James Garner como Dr. Joseph "Joe" Cardin Miriam Hopkins como Lily Mortar Fay Bainter como Mrs. Amelia Tilford Karen Balkin como Mary Tilford Veronica Cartwright como Rosalie Wells Mimi Gibson como Evelyn William Mims como Mr. Burton Sally Brophy como Mrs. Wells Hope Summers como Agatha
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Wyler Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1961 con versión en galego