Ramón Vázquez Rodríguez, coñecido como O Anarquista, nado na Arnoia en 1918 e finado en Ourense o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Veciño da Paixón. Presidente do Sindicato Campesino e afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido en setembro de 1937 logo de ser ferido nunha persecución.El Compostelano, 18-9-1937, p. 2. Procesado en Ourense por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937, foi condenado a pena de morte o 11 de novembro. Foi executado o 7 de marzo de 1938 no campo de Aragón, a carón do cemiterio de San Francisco, xunto con José Luis Delgado Núñez, José María Cid Nóvoa, Eduardo Piñeiro Canal, Modesto Gallego González, Odilo Fernández Freire, Leovigildo Carril Freire e Castor Iglesias Gil.El Correo Gallego, 11-3-1938, p. 4. Tamén foi condenado en expediente de responsabilidade civil en agosto de 1938.El Compostelano, 8-6-1938, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión en Ourense
Categoría:Sindicalistas de Galicia
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Arnoia Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos