Ignacio Varela Eiras, nado en Teo en 1912 e finado no mesmo concello o 10 de maio de 1999,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-5-1999, p. 89. foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Gabriel Varela Crego. Dono da farmacia de Pontevea. Sucedeu ao seu pai na alcaldía de Teo en 1955 tralo falecemento deste. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta encabezando unha candidatura independente nas municipais de 1983 e 1987. Nas municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e volveu obter maioría absoluta. Decidiu abandonar a política en febreiro de 1995."Ignacio Varela deja la alcaldía de Teo después de cuarenta años", La Voz de Galicia, 21-2-1995, p. 41. Foi vicepresidente segundo do consello de administración de Caixa Galicia.

Recoñecementos

Medalla de Prata de Galicia en 1995. Vida persoal Casou con Margarita Álvarez Insua e foi pai de Margarita e Carmen Varela Álvarez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Teo

Ligazóns externas Relación Alcaldes Concello de Teo

Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Teo Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes