Antonieta Rosa Gomes, nada en Bissau o 4 de maio de 1959, é unha política de Guinea-Bissau.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de São Paulo. Fundadora e líder do Fórum Cívico Guineense-Social Democracia, traballou con Kumba Ialá como Ministra de Xustiza e Ministra de asuntos Exteriores en varias épocas. Foi candidata nas eleccións presidenciais de 1994, 1999 e 2005, a primeira e única muller en presentarse no seu país até o momento, mais nunca recibiu máis do 2 % dos votos. A súa dimisión como ministra de Asuntos Exteriores está considerada un factor importante nos eventos que levaron ao golpe de estado de 2003 que depuxo Ialá do poder. En 2004 foi presidenta da comisión do Supremo Tribunal de Xustiza.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Bissau Categoría:Alumnos da Universidade de São Paulo Categoría:Políticos de Guinea-Bissau Categoría:Personalidades sen imaxes