Samsara é un filme documental non narrativo de 2011 dirixido por Ron Fricke e producido por Mark Magidson, quen tamén colaborou en Baraka (1992), un filme cunha proposta moi semellante. Samsara foi rodado durante cinco anos en 25 países de todo o mundo. Foi rodado no formato de 70 mm. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2011 e tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos en agosto de 2012.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Baraka Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes dirixidos por Ron Fricke Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América